Sempre que podo acercome pola sala de San Francisco onde se expon a escolma de escultura do Arqueoloxico, pra ver a presentación da peza do mes. E a verdade e que as veces resulta decepcionante, ver que ca escaseza de posibilidades de lecer da que en tantas ocasions queixamonos, non chega nin de lonxe ao medio centenar o numero de asistentes.
Admito que en ocasions, tratase de pezas, pouco chamativas pra os profanos coma mín, pero asegurovos que escoitar as explicacions dos tecnicos, facilita que polo menos seamos capaces de advertir os detalles de maior interese.
A peza que se presenta este mes, pode ser unha perfecta escusa pra comezar a coller o costume de acudir a estas presentacions. Todos recoñeceremos facilmente o representado na pintura, que non e outra que a nosa vella Ponte; cas explicacions do Profesor Francisco Fariña Busto, lembraremos datos de como se vivia a Ponte no século XIX, e como era su entorno; agás de poder coñecer datos do autor da obra, Antonio Cendon, un ourensán practicamente descoñecido`por todos nos.
Nesta ocasión a presentación contara tamén ca presencia de Dona Cristina Rodriguez Rodriguez, restauradora de Pintura, quen se encargara de explicarnos como se fixo a recuperación desta obra o seu estado orixinal.
Animadevos e achegadevos o mercores as 20,00 a sala de San Francisco do Museo, vemonos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario