Consejos y avisos

28/8/11

Desta vez en San Clodio cos Espazos Sonoros

O martes pasado recomendeivos que asistirades a actuación que o grupo Cubo Libre facia no fantastico marco do noso añorado Museo Arqueoloxico; por fortuna puiden asistir, e quedei encantado polo bo traballo que disfrutei.
Fannos agora outra oferta semellante, pero cambia o marco, e o espectaculo, calquera dos dous nos vos vai defraudar. Do marco facilitovos esta imaxen, pra que comparedes o estado, que tiña no ano 1954, data da fotografía (do fondo de Pastor Fabrega no aVo e feita polo seu pai tamen Pastor), co actual, evidentemente millor, ainda que con un uso diferente pra o que foi proxectado, pero alo menos cunha conservación fantastica. Do espectaculo non podo decirvos nada, pero vendo o curriculum do grupo, penso que vaivos gustar. Musica medieval en San Clodio, pode ser unha maravilla. 
Eiqui vos deixo os datos que me facilitan desde a organización.

Lembrade, a cita e o venres día dous de setembro as 20,00, no Mosteiro de San Clodio (entrada gratuita)

MALANDANÇA 
"Desde a súa creación no ano 2000, o grupo Malandança, baixo a dirección do violagambista Francisco Luengo, converteuse nun dos grupos de referencia galegos en interpretación de música medieval, xunto co desaparecido Grupo de Cámara Universitario, ou os grupos Martín Códax e Resonet, e soubo facerse un oco no mundo da música antiga, cun estilo diferente, fresco e con personalidade propia.
Mya Senhor velida reúne unha serie de composicións marianas dos séculos XII e XIII, cantigas e lais procedentes dos dous centros principais da lírica medieval, Galicia e Francia, que participan da nova idea introducida pola poesía trobadoresca, a do amor cortés, nas súas dúas facetas, a profana e a divina, representación do carnal e o místico, respectivamente.
Se no terreo do carnal é unha elevada dama a que fai penar o poeta, os aspectos místicos do amor cortés enxalzan a imaxe da aínda máis elevada Virxe María.
Cantigas de Afonso X e danzas anónimas, xunto ao Lai de Notre Dame de Ernoul “le Vieux”, conforman o corpus musical deste suxestivo programa."

Venres dous de setembro 20,00 no Mosteiro de San Clodio

No hay comentarios: