Os anuncios foron extraidos do diario El Derecho en diversos exemplares do ano 1892, conservados no Mosteiro de Poio. (grazas de novo o Padre Jeronimo pola sua paciencia)
Durante estes pasados días de escasas entradas, adiántevos que proximamente, (se non hai ningún problema, o 15 de Setembro), o amigo Arturo Vispo, presentara o seu novo traballo.
Descoñezo de momento o titulo, e prefíroo así; por aquilo do suspense. O que sé se, é que trata de xeito exhaustivo a cronica dunha das nosas rúas, A rúa da Paz.
Coñecendo a Arturo e a rigorosidade do seu traballo, dou por feito de que a partir da súa publicación, pasase a ser un dos principais textos de consulta, para o desenvolvemento deste blog.
Na medida das miñas posibilidades, intentei colaborar, pero como era de esperar a gran maioría dos datos que eu puiden achegar, xa eran coñecidos por el; as diferentes denominacións da rúa, os personaxes ilustres que nela naceron e ou viviron, os negocios alí establecidos, en fin todo o digno de apuntar, xa esta trillado polo autor.
De todos os xeitos, nas visitas que a miña irmá está realizando ao convento de Poio, xurdiron algúns datos, que por problemas de tempo, (loxicamente o libro xa entro en imprenta), non puideron ser incluídos no texto, e tamén é certo que a súa importancia non xustificaba un atraso. Por iso, para que empecedes a entrar en situación e resúltevos máis apracible a espera, intentarei facilitarvos eses datos, que vós mesmos poderedes situar posteriormente no libro.
Hoxe como introdución, móstrovos dous anuncios publicitarios dun dos negocios máis populares das rúa; a Barbería de Rei Custodio.
O gremio de perruqueiros na cidade contou sempre con personaxes de gran personalidade, nomes como, Maruska, Marujita Seoane, Quica, Claudio, Jorge Cachaldora, Paco Galego etc, son os que coñecemos todos os da miña xeración; (con algún manteño relación de amizade); eles son a continuación dun grupo de profesionais que marcaron toda unha época na cidade; época na que os faladoiros de barbería e rebotica resultaban o mellor medio de información local ao mesmo tempo que exercían dalgún xeito de centros de cultura, en función dos personaxes que conformasen o faladoiro.
Falo de locais como a barbería de Linares, en fronte da deputación, o Salón de beleza de Amador no Paseo, as dúas Irmás en Santo Domingo, a barbería do Roma, ou a do Liceo. Todas elas posteriores á que hoxe nos ocupa, e que dalgún xeito continuaron coa tradición comezada por don Eduardo Rei Custodio, (ou Castro, que aínda non o teño claro, espero que Arturo sáquenos de dúbidas), e a viuva de Diz (na praza do Trigo).
De don Eduardo, singular personaxe, temos referencias claras por Gonzalo Allegue biógrafo de Blanco Amor, e citas de Risco e Otero entre outros, polo cal deixo que sexa Arturo quen nos de máis datos; eu non me sinto cualificado para iso. Soamente atrévome a facilitarvos estes tres anuncios que expoñen unha pequena dúbida, adicional as que Arturo de seguro atopou á ora de identificar os edificios, debido aos cambios de numeración.
Fixarvos que nuns falannos do número 24 e noutro do 14, tamén é posible que se trate dun dos frecuentes fallos de imprenta, que o traballo manual levaba.
Desculpas pola malisima calidade dalgunha das imaxes, pero "eche o que ahí". Perdón
Antes do 15 de setembro, espero poder ofrecervos unha entrada facilitada por Arturo para que sirva de aperitivo á presentación que nos fará no Teatro Principal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario