Como vos dixen onte, intentarei ensinarvos obxetos, (nalgun caso como o de hoxe, autenticas xoias), que aparecen en fotografías das que temos no Arquivo visual Ourensán, e ainda e posible velas hoxe en día.
Logo da do reloxo de onte, (que ten trampa), hoxe quero que vos fixedes nesta, que ultimamente estades a poder ver con frecuencia.

Pero neste caso, temos outro obxeto, que non esta ahí, pra decorar, senon que pode ser como agradecemento, cara o autor, que lle fixo este fermoso agasallo ao mestre Pacheco. Falo do cadro de Ramón Parada Justel, que como di na dedicatoria, don Ramón.
"A mi buen amigo Pacheco, afectuosamente. Orense 1875"
Foi dun amigo cara outro. A fortuna, e a amabilidade do meu "vello" (por fastidiar) Mestre Augusto Guedes, neto de Don José, fixo posible que estes días na exposición podamos disfrutar desta fermosa obra pictorica o natural.
Como xa vos dixen nalgunha ocasión, (ou a lo menos pusenno no libro), esta obra forma parte dunha triloxia do autor, que se completa con "El Segador", e "Neno tocando a flauta", ambalas duas obras hoxe en día en poder do Museo Arqueoloxico de Ourense.
Tedes na exposición do Museo Municipal a posibilidade de ver estas duas imaxes en directo. E si tedes ganas e paciencia fixrvos ben, porque na entrada de maña, poreivos outra curiosidade que tamén esta estes días no Museo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario