Xa onte vos dixen que se visitabades a exposición, non buscarades somente o cadro de don Ramón Parada Justel; pretiño dese cadro, tedes esta fotografía que eiqui vos mostro.
E o retrato de Don Manuel García García.
Se vos fixades na fotografía da señorita tocando o piano, daredevos conta que xa daquelas don Manuel, tiña sido retratado por don José Pacheco.
Postos a especular, e agardando as correcions pertinentes do seu descendente, Santiago Mosquera do A.v.O. a fotografía de don Manuel, penso que debe datar aproximadamente de comezos de século XX, ou posiblemente finais do XIX, (1898??).
Casualidades da vida, esta fotografía ten historia propia; seica desde que se fixo, e durante anos estivo no salón da casa familiar na rúa do Instituto (Lamas Carvajal), acompañando os seus descendentes; ahí foi onde o retrataron, xa con marco e todo, gozando (espero), das practicas musicais da que supoño a sua filla, (anos 20??), logo por avatares da vida, trasladouse cunha parte da familia, cara unha casa mais soleada, nos xardines daquelas de Concepción Arenal. Logo da sua estancia nesa casa, pasou uns momentos complicados que incluso fixeronno dar por perdido; a casualidade, e algo de fortuna quiso que fai relativamente pouco tempo, parentes familiarizados ca sua imaxen por ter mais fotografias de Don Manuel, identificaronno na capital do reino, e decidiron o retorno a sua terra. Así e como hoxe en día volve estar en Ourense, e podedelo ver estes días no Museo.
Se as queredes ver teredes que visitar os dous andares da exposición, xa que don Manuel esta no baixo, e a outra fotografía no primeiro andar. Cuestions de organización!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario