Consejos y avisos

2/4/11

La Perdiz

Ourense foi sempre unha cidade aberta a opinión; certo é que os últimos anos non son os mais prolificos, pero sempre se pode cambiar.
Podemos voltar os ollos a ese pasado que tanto nos ensina, e atopamos con unha serie de publicacions que usando a ironia e a satira, como bandeira, en mais dunha ocasión, dín o que a miña avoa chamaba as "verdades do barquero" hai quen di que son "verdades como puños"; e outras veces, non buscaban mais que o divertimento dos cidadans.
Don Valentín Lamas Carvajal, foi un dos que encontraron neste xenero, unha forma de divertirse, e o mesmo tempo soltar as veces puyas que.... Os seus parrafeos do Tio Marcos, ou as Mostacillas publicadas no Eco de Orense, son boa proba desto; e o tempo, fan reflexionar tamén na necesidade de ter pluralidad na información, Don Valentín era libre de facer a sua satira, e loxicamente estaba esposto a recibir o mismo trato, senon leede "As Agujetas" de Alvarez de Novoa no diario "El Miño". (aproveito pra dar a benvida o blog, a un novo colaborador, neto de Don Francisco Alvarez de Novoa, e fillo de Reinaldo, retocador de Don José Pacheco e o seu fillo Augusto, con quen a relación era mais unha cuestion de amizade que de traballo).
 Non pensedes que estes foron  os unicos; xunto a esas "pinceladas", de Don Valentín e don Francisco, podemos falar tamen de xornais completos dedicados o arte da ironia e a satira. La Tranca, Piave, El Ataud, Fra Díavolo, El Cinife, (moitos deles xa referenciados no blog, usade o buscador da dereita e seguro que os atopades) etc. Son hoxe xoias buscadas nas bibliotecas e demais "depositos" da Cultura, pra poder ter unha vision o mais real posible do pensamento daqueles anos.
Feita esta referencia, animadevos, e tentar atopar por onde sexa un ejemplar do numero 0 de "La Perdiz". A moitos lle gustara, a outros non tanto. Cada quen ten a liberdade precisa pra opinar.

Non quero rematar esta entrada de salutacion e benvida a esta nova publicación, (outro día falaremos da sua cabecera editorial, e faremos a ficha tecnica da publicación), sen lembrar outra das frases didacticas da miña avoa, (ai! Ramonita, canto sabias), que poidera servir de complemento o titulo dunha publicación como esta, "Al que le pique, que se rasque", (vai en castelán, porque así a escoitaba eu de neno).
Por certo, agardo poder contar o mercores ca presencia dun dos "redautores" de "La Perdiz", na inauguración da exposición, que fai ese día, mercores día 6 as oito da tarde no Museo Municipal (rúa Lepanto, zoa viños), o Arquivo visual Ourensan, (porque xa sabedes que estamos argallando unha exposición fotografíca,  prao día 6 as oito, non sí??). Si se achega por alí sera ben recibido, pero xa lle pedimos de antemán que sexa benevolo na sua critica, ten que ter en conta, que pra nos e a "primeira vez", e xa se sabe, os nervios, a falta de experiencia, a novidade; en fin unha "chapuza"; pero eso si asegurovos que feita con toda a millor das intencions, e a impagable axuda de moitos ourensans.

No hay comentarios: