Consejos y avisos

10/12/10

In memoriam "Marcos Valcarcel"

Debuxo recollido do blog "Arume dos piñeiros"
Colleume por sorpresa, e lonxe das miñas armas; non por esperado, que a situación era algo tristemente evidente, senon por desexado, sempres desexas que se produza o mais tarde posible; o caso e que ocurriu.
Foise Marcos Valcarcel; en persoa, xa dixen outras ocasions, que somentes puden velo duas veces, precisamente da primeira, fixen esta entrada, que podedes ver eiqui na sua data orixinal  preme eiqui , e hoxe volvo reproducir, porque considero que continua a ter validez.
Algún dia farei un resumen da relación, que tivo o bó de Marcos con iste blog; pero, hoxe non e o momento.

    "Os que ledes este blogue, supoño que xa vos dariades conta de que as imaxes que me atraen, son as que xa non están, as actuais non é que non me importen, é que as teño máis a man.
Onte tiven a fortuna e a honra, de coñecer por fin a un dos Ourensáns, que mais admiración cáusame dos últimos tempos, (que non se ofenda M.O. pero é que el é amigo de nenez, e a valoración é diferente).
Da súa obra, non me atrevo a comentar nada, dou por feito que todos coñeceredes as súas seccións e artigos en prensa, tanto ourensá como galega, (impresa e dixital), así como as por desgraza escasas publicacións que nos regalou, (aínda que entre propias e colaboracións parezan moitas, sempre se quere mais).
O Marcos que eu vin onte, só atrévome a dicir que emana "Bonhomía", e nos tempos que corren de pouca xente pódese dicir iso.
Grazas Don Marcos, e siga vostede escribindo para nós, e traballando pola cultura e historia desta cidade, se de paso aprovéitase o resto do mundo, que o gocen, pero vostede siga centrado nesta Vella Auria, que algúns tanto amamos".
"Ata sempre. Por medio das tuas obras, sempre estaras entre nos"

No hay comentarios: