Consejos y avisos

27/12/10

Homenaxe a don Luis Fabrega Coello II

Continuamos hoxe co pequeno relato da biografía de don Luis Fabrega Coello, que comezamos onte.
 " Don Luis froito da sua profesión, foi nomeado: presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense.
Nas eleccións municipais do 13 de Abril de 1931 sae elixido concelleiro do Concello de Ourense, sendo designado alcalde con once votos polos seus compañeiros de corporación, cargo do que dimite dous días mais tarde para facerse cargo da presidencia da Deputación o día vinte de Abril do mesmo ano.
Nas eleccións a Cortes Constituíntes celebradas o 28 de Xuño, preséntase na candidatura de Alianza Republicana, obtendo 41.327 votos, seguido por Basilio Álvarez 38.420, Ramón Otero Pedrayo 33.443, Afonso Pazos Cid 32.464, Xusto Villanueva 30.714, José Calvo Sotelo 27.493, e Afonso Quintana 26.647.
O seu labor como deputado nas Cortes Constituíntes, céntrase na loita para evitar que se paralicen as obras do ferrocarril entre Zamora e Ourense o que xeraría unha situación de paro dentro do sector da construción. Presidindo a Comisión Interprovincial pro-ferrocarril Zamora- Ourense-Santiago-Coruña. Outra das súas tarefas foi intentar a reedificación do Instituto de Ensino Medio de Ourense, destruído por un incendio catro anos antes.  
Pero a súa tarefa mais fecunda desenvólvese como presidente da Comisión Xestora da Deputación Provincial, secundado por Manuel Suárez Castro, socialista reformista da liña de Prieto, e por Eleuterio González Salgado, galeguista.
Entre os seus logros á fronte desta entidade figuran, a dotación de Raios X e Radioterapia ao Hospital provincial, a reapertura da Biblioteca Pública nos baixos da Deputación, que se queimou no incendio do Instituto, e da cal custea da súa peculio particular as instalacións de luz e calefacción, a máis diso libros. A ampliación da escola de Artes e Oficios.
E o máis importante, a creación da Caixa de Aforros Provincial de Orense, da que será o primeiro presidente do consello de administración e titular da cartilla de aforro nº. 2 (da cal na actualidade somos titulares o meu fillo Pastor e eu). Da nº 1 é titular a Deputación. Foi tanto o aprecio que sentía por esta entidade, que contaba Camilo Álvarez, o primeiro traballador que tivo a Caixa. Que todos os días achegábase Don Luís desde a súa farmacia a preguntar se houbera algún ingreso, e se a resposta era negativa, facía o un ingreso de 25 pesetas na súa cartilla.
O 11 de Febreiro de 1934 é renovada polo Gobernador Civil a Xunta Xestora da Deputación, e a Luís Fábrega Coello, manténselle no seu cargo de presidente, pero non así aos seus mais estreitos colaboradores os Deputados electos Manuel Suárez e Eleuterio González, razón pola cal non acepta esta designación e abandona a presidencia da Deputación.
O 30 de marzo de 1934 A Deputación nomeou conselleiro da Caixa Provincial de Aforros co carácter de fundador a Don Luís Fábrega Coello. Ao cesar na presidencia da Caixa como consecuencia de cesar na da Deputación.
A partir dese momento, deixa vida publica, pra dedicarse a rexentar unicamente a sua farmacia, onde seguiu ata o seu falecemento.
Polo medio quedan moitos momentos de satisfacción, e outros non tanto, como un periodo pasado no carcere, que ainda hoxe non ten xustificación, pero que el pasou sen que lle afectara o mais minimo a relación cos seus conciudadanos.
 Don Luis en definitiva foi un Bó Ourensán."

Felicidades neste día a toda a familia Fabrega.
Lembrade hoxe as 20,30 na rúa Cardeal Quiroga.

No hay comentarios: