Consejos y avisos

1/10/10

Fotografos nas feiras

Fotografía do Arquivo da familia Bayon (Farmacia Posio)
Ando estes días a rematar, un traballiño do Arquivo visual Ourensan, que supoñemos se vai publicar no mes de febreiro do ano que ven, como complemento da exposición de fotografia antiga, que estamos a piques de comezar a preparar.
Ese traballo do que xa vos falerei mais polo miudo, cando este rematado, intenta ser unha pequena aproximación, a Historia da Fotografía en Ourense. Por diversos motivos, houbo que acotar as datas a estudiar; polo que se decidiu chegar somentes, ata o momento en que o desenrolo das tecnicas, conseguiron a masiva aparición de fotografos.
Por decilo doutro xeito, chegamos ata a aparicion dos fotografos de rúa, minuteiros e feirantes, ao redor dos anos 40 (1940).
O caso e que rematado un proxecto, (ou case), xa nos imos meter noutro; pero precisamos da colaboracion de todolos ourensans. Fotografías como a que vedes ilustrando esta entrada, ten que haber  nos vosos albumes, e a nos farianos falla poder velas, pra intentar identificar o autor e a data, e así poder ilustrar ese seguinte traballo. E si somos quen, mostrarvos outra exposición, cando sexa posible.
Unha casualidade da mán do amigo Lisardo Mazaira, fixo que tiveramos fai poucos días acceso a un material fotografíco digno de expoñer, e non falamos de fotografías nen de maquinas fotografícas, (suspense).
Se queredes colaborar, prestando as fotografías, non tedes mais que poñervos en contacto por medio do mail, e nós faremonos cargo de todo. ourensenotempo@hotmail.com

Lembrade que maña tamén habera entrada.

No hay comentarios: