Estoume a decatar, que teñen bastantes seguidores, os exercicios que vos estou a poñer; sendo así, pra mín e moito mais comodo, o non ter que "escurrir", o seso, pra redactar a entrada.
Hoxe deixovos esta fermosa fotografía dos anos vinte; tratase dunha procesión como podedes observar, pero chamame a atención a igrexa onde vai rematar o acto, eu nunca asistin a ningunha (procesión), cuyo destino fora ese. Xa me diredes vos de que acto podria tratarse, cal era a igrexia, e polo menos, si non queredes escribir moito, ou non tedes datos, veamos se podedes decirme en que rúa estan os cabaleiros que vemos?.
Como pista, pero que vos vai facer moi sinxelo dar as respostas, soo podo decirvos, que a Marquesa e os Reinoso vian pasar a xente dende os seus balcons, e gentilmente saudabanse ca man.
As respostas o mail, e a solución o sabado que ven. Por certo noto a falta dos mails dalgun lector dos de a diario, Pastor, Norberto, Manolo Dominguez, e algún mais, como as saben todas, xa non se molestan en respostar. Pois pensando neles, a proxima poreilla complicada incluso pra eles, estade atentos o proximo luns.
o mail xa o sabedes, pero por comodidade eiqui volo poño ourensenotempo@hotmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario