Consejos y avisos

24/8/10

A torre ou torres da Ponte

Seguindo co traballo de Natalio, e aproveitando esta segunda xoia que me facilitou o amigo Paco Boluda, (a primeira podedes vela seguindo este enlacepreme eiqui , hoxe falaremos da torre ou torres que adornaron a nosa Ponte.

"Posiblemente, teñamos que remontarnos á época romana, para ter antecedentes das medidas defensivas que adornaban a ponte, pero dispomos de datos, que a referencian, no ano 1571, (O Concello autoriza facer o tellado da torre o constructor Hernando da Calleja), data en que se proxecta a construción da Torre Nova, para facilitar a defensa da ponte, (xa o nome elixido, suxire a preexistencia dunha edificación similar), as obras finalizan no ano 1694.

A existencia desta torre, de eminente carácter defensivo, ten tamén xustificación, se a relacionamos co cobro do portazgo, (exercitado polos Sarmiento, desde o século XIV, en que Pedro I, concédello, xunto ao señorío de Ribadavia mercé á súa colaboración no enfrontamento, cos Trastamara)

En 1837, consta a construción dunha segunda Torre, na zona máis próxima ao concello de Canedo, durante a primeira guerra Carlista (carlistas versus cristinos), pero a súa estancia na cidade, foi breve, dado que en 1839, coincidindo co final de devandita contenda, elimínanse as dúas estruturas a fin de facilitar o paso da estrada Vigo -Benavente.

Durante estes anos fóronse sucedendo constantes reparacións, que contaron con profesionais de renome (arquitectos e enxeñeiros), Juan de Herrera, Hernando da Calleja, Melchor de Velasco, Santiago Estévez, Sebastián Martínez Risco, etc."

Quedan datos pendentes, pero pra non aburrirvos, deixareimolo pra outra entrada; nesta ocasion como xa fixen outra vez, o meu interese, e o de chamar a atención, sobre esta torre que e un dos simbolos mais esquecidos da cidade, cando se nos fixamos no noso escudo, veremos que e un dos elementos alí representados.
Non sei se coincidiredes conmigo, pero poderia ser interesante (hoxe non, que non temos cartos), plantexarse, una nova reforma da ponte, pra tentar acabar cos seus males, e o mesmo tempo devolverlle ese aspecto que tantos anos tivo?.

No hay comentarios: