Propiedade de Lisardo Mazaira
Levavamos unha tempada, sen falar do Ourense Musical, pero e que xurdiu na blogosfera, unha páxina que tentaba recompilar a historia da musica en Galicia, non sei a causa, pero o certo e que de repente desapareceu, polo cal os pouquiños tentaremos que a lo menos os de Ourense podan revivir neste blog.
Fai xa tempo, que nos visitaron estes cabaleiros, e daquelas pedinvos información, en duas entradas, e na terceira puxenvos dous dos temas que eles cantaban, pra ver si alguen se lle refrescaba a memoria, Preme eiquí
Cando xa case que tiña perdida a esperanza de que me derades datos, apareceu un mail do amigo Arturo L.- R. Vispo, cheo de información, o caso e que vou ver si son quen de convencelo, de que faga il unha entrada en condicions, moitos xa sabedes que Arturo escribe moito millor ca mín, co cal sera millor pra todos, (por certo en pouco tempo espero poder falarvos dun fermoso traballo que se trae entre máns).
Agardando esa entrada de Arturo, polo de agora teredes que contertarvos con estes poucos datos.
Nunha das anteriores entradas, dixenvos, que o chegar a Madrid "Los Draculas", a casa discografica, recomendoulles facer un troco de nome, e según me di o amigo Arturo, non foi exactamente dese xeito; xa que os "Posters" formabanno: baixo, Mario Dainow, (fillo do dentista Dainow, e merecedor dunha entrada ou varias falando das suas anecdotas); batería, Alejandro López "Cano", quen xunto o guitarra ritmica Miguel Dominguez, si que viñan de formar cos Draculas, e o guitarra solista Gustavo Valencia, pertencente anteriormente "Los Wagners".
O seu traballo mais coñecido, foi "Sentimental girl".
Eiqui o deixo agardando, un agasallo de Arturo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario