Consejos y avisos

20/8/10

Romano ou medieval?


Fai xa tempo, o meu amigo Natalio Blanco (Arquivo visual Ourensán), prestoume un traballo (que por certo teño que devolverlle), sobre a ponte vella, que realizara o seu fillo, cando cursaba 1º de E.S.O. (non sei que calificación mereceu segundo o profesor, pero espero que fora excelente).
O caso é que nel, de xeito sinxelo, exponse a realidade da nosa Vella Ponte; aproveitarei o seu traballo, para, nesta e na próxima entrada, facilitarvos datos da nosa Ponte, (algún día espero conseguir que don Segundo Alvarado, experto coñecedor do tema, regálenos algún comentario para ampliar datos).

"A pesar de que a tradición liga a súa construción á época de Trajano, existen moitos datos, que nos fan situalo máis próximo ao imperio de Augusto (século I d.c.). Desta primeira construción só quédanos o primeiro arco da marxe esquerda do rio, suficiente, pra facerse unha idea do aspecto real da ponte, (habemos ter en conta, que as pontes romanas eran horizontais), constaba inicialmente de 11arcos, e a súa característica máis destacada, era que o seu van central posiblemente fose o máis amplo dos da súa época 38 metros.
Debido a problemas de cimentación, as reformas na ponte foron unha constante; tendo as primeiras referencias dunha reforma importante, no ano 1228 cando o Bispo  D. Lorenzo, promove as modificacións que lle deron o actual aspecto.
No 1432 afúndese o arco central, e reconstrúese co esforzo de todos os ourensáns, desgraciadamente foi traballo en balde, xa que en 1449 volve ceder o arco.

É o Bispo Frei Pedro Silva, quen nesta ocasión decide a súa reconstrución, pero non viu rematada a obra, que houberon de continuar os seus sucesores, Alonso López, e Diego de Fonseca; dáse por rematada e ábrese de novo ao tránsito alá polo ano 1484."

O martes que vén veredes a continuación deste resumo do traballo dun estudante de 14 anos, Natalio Blanco Santamaría

No hay comentarios: