
Non fai moito tempo fixen unha entrada falando moi pouquiño, (non sabia mais), desta
empresa orensana, estes días recibin estas fotografías, (e algunha mais), que me envia un novo amigo, e aparte de darlle as grazas, teño que admitir que xa me fixo el mesmo a entrada, con que leades o texto, procedente da revista do Ministerio de Traballo, e vexades a fotografía, xa teredes datos suficientes pra facervos unha idea do fundador e da empresa.

Terei que facer algunha entrada posterior, xa que aínda quedaron imaxes no arquivo, e teño que presentarvos a Don Manuel, quen abriu a tenda de Calzados na rúa Lamas Carvajal, pero polo de agora eiqui tedes estas.
Grazas Don Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario