Consejos y avisos

25/12/09

Agasallo de Nadal (Touros e cine)

Así como fun conseguindo material fotográfico; durante este tempo, puiden darme conta, que o cinematográfico, é escasísimo; explicacións, pode haber moitas, pero a principal, penso que foi a económica, realizar unha destas filmaciones, ata para os profesionais, era un artigo de luxo.
Aínda que o nacemento das cámaras "domesticas" a nivel internacional, foi no 1923, da man de Kodak, en Ourense, non consta a súa utilización "popular", ata bastante máis tarde.
A partires de finais dos 50, comezou a ser máis habitual, entre os afeccionados máis podentes, o realizar películas de 16 mm, e de 8 mm.
Hoxe ensínovos, a única película en 16 mm, que puiden conseguir. É propiedade de Don Pastor Fábrega, e podemos gozala, grazas á colaboración técnica do CGAI. (a cuxo persoal quero darlle publicamente as grazas, pola súa dilixencia e amabilidade).
Non esperedes visionar eiquí unha obra mestra do cine, trátase dunha..., digamos novillada, das que os mozos daquela época contrataban de forma particular durante as festas da cidade; o empresario cedía a praza encantado, a fin de rendibilizar o desembolso que supuña a súa montaxe. O problema é que os mozos e non tan mozos tiñan máis gañas que coñecementos, e pasaba o que pasaba......
Desculpádeme a chapuza de montaxe que fixen, pero os meus coñecementos sobre o tema presentan seria lagoas, por non dicir que océanos.

No hay comentarios: