Recibín estes días a fotografía que vos mostro, enviada polo fillo do artista que vedes co microfono.
A verdade e que a miña intención era falar co amigo Daniel Bouzo, ou algún dos que sei que coñecen a nosa historia musical (teño por certo unha entrevista pendente con un deles, pero polo de agora foime imposible dispor do tempo preciso pra reunirme con él, pidolle desculpas, pero non me esquezo), pero estes días non son os milores pra mín; así que decidín facilitarvos os datos que me envia ca fotografía; como o sistema pra darme os datos foi por medio de dous mails, vou intentar xuntalos, sin modificar o contido.
Algún deses amigos seguro que lembra algo, e pode axudarnos a recuperar un pouco a memoria deste cantante Ourensán. Polo pronto que revisen as suas coleccions de cassetes, por si teñen algunha xoiiña por ahí.O meu pai chamábase Julio Fernández González (finado fai dez anos), era fillo dos "cereiros" de Celanova con dezaseis anos veu pra Ourense, e probou fortuna no mundo da musica, (eran os anos sesenta e moitos xovenes querian emular os Beatles), así e como por outra fotografía que teño, sei que participou tamén no concurso "Microfono de Oro" en Vigo, o ano 1964, no que acadou o primeiro premio. O seguinte dato e precisamente a imaxen que vos mostro, que pertence a unha actuación sua penso que do ano 1967, na emisora "La Voz del Miño" (CES 18, da cadena de emisoras sindicales), que tiña a sua sede i escenario no edificio da Sindical no Parque de San Lazaro. (se revisades o blog xa o amigo Mazaira nos ten ensinado ese escenario, nalgunha actuación que tamén el fixo nas matinais dos domingos da Voz).Da sua historia como cantante, desafortunadamente non teño mais datos; a miña nai que por aquel entonces era a sua noiva, lembra escoitalo pola radio, pensa que cantando algo dos Sirex. A mín gustariame que si e posible alguen nos axudara a atopar algunha grabación ou anecdota del. Sei que non e sinxelo, pero por intentalo non se perde nada.O meu pai logo fixose electricista, e montou Electricidad Julio, empresa ca que fixo montaxes de importancia na cidade. Polo seu traballo e por ser moi extrovertido tiña moitos amigos.
Tedes habilitados os comentarios as entradas por si vos e mais sinxelo aportar os datos por ese metodo; si queredes que a información que me facilitades se use, tedes que por o final, os vosos datos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario