Fotografias da Revista Actualidad Española de 1902, fotografo José pacheco, dalgunha mostrase litografia
O 24 de Xuño de 1902, na igrexa de San Salvador de Piñeiro, Allariz, produciuse unha das peores catástrofes que figuran nas crónicas Ourensás.
Os días anteriores caracterizáronse pola sufocante calor, e as típicas tormentas de verán que sufrimos por estas terras. Na mañá dese día (ás 10,30), a maioría dos habitantes do pobo asistían aos funerais dun veciño, cando a tormenta, que pouco antes comezara, descargou un fenomenal raio, que penetrando pola cruz da igrexa, que partiu en dúas e arrincou a pedra onde se apoiaba, contan que "chegou a dar dúas voltas ao templo, saíndo posteriormente pola fiestra da sancristía". Aínda que nun primeiro momento as noticias falaban dun derrubamento producido polo raio, finalmente descubriuse, que os únicos culpables do desastre, foran a descarga eléctrica e o pavor provocado entre os concorrentes. O balance final fala de 25 vítimas mortais, e 108 feridos, algúns de gravidade; polo seguimento da prensa da época, cremos que por fortuna o número de falecidos non aumentou nos días seguintes.
Segundo parece o feito de atoparse as portas pechadas para protexerse da tormenta, fixo que a desesperación dos veciños agravase o fatídico resultado final, os forenses que logo de liquidar os moitos problemas orixinados pola dor do pobo, (que inicialmente negabase a permitirlles realizar o seu traballo), puideron certificar que os falecidos directamente pola acción do raio, foran doce, e o resto sería por aplastamento e/ou asfixia, o cal dá unha idea das terroríficas escenas que se viviron no interior o templo.

A desgraza se cabe puido ser aínda maior, dado que ao desprazarse as autoridades e forzas de socorro á veciña localidade, no medio da espectacular tormenta que durante todo o día continuo descargando na zona, a saraiba, e a continua caída de raios, nun momento segundo contan, obrigou a protexerse aos membros da comitiva debaixo dos vehículos.
As mostras de apoio e solidariedade foron continuas, desde todos os puntos de España, e os moitos do estranxeiro onde chego a noticia, facéndose colectas para socorrer aos damnificados. Como foi o caso dunha familia con nove fillos menores, que perdeu na catástrofe ao pai.
Pidodesculpas pola malisima calidade das imaxes, pero e que non dín atopado outras mellores. Sintóo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario