Consejos y avisos

13/3/11

De lectura obrigatoria

Este venres pasado, día 11, tiven a oportunidade de asistir á presentación dun libro, que creo non pode faltar nas bibliotecas dos ourensan@s, (non me gusta o emprego deste informático símbolo, a @, pero non se me ocorre outra forma de englobar a todos os cidadáns, sen distinción de sexo, acepto suxestións?). Fai tempo que podemos gozar dos datos que a amiga Rosa Cid Galante, proporciónanos no seú blog, http://mulleresourensas.blogspot.com/  Pero nesta ocasión, xunto coa profesora Carmen Benso Calvo obséquiannos cun moi documentado e laborioso traballo, sobre temas tan de actualidade nestes días: os logros da muller no ámbito laboral e educativo.
O seu traballo céntrase no relato da situación que se "padecía", desde comezos do século XX e sen ningunha dúbida é imprescindible o seu coñecemento, para facerse unha idea dos cambios habidos. Non se pode negar que a situación, cambiou de forma significativa, pero seguen sendo moitos os logros pendentes de conseguir.
Lendo este traballo, dásche conta que o paso do tempo aínda non foi suficiente, para que se faga xustiza coa metade do xénero humano, (tomado da frase de dona Concepción Areal); desde logo que hoxe teñen os mesmos dereitos e oportunidades para estudar, (conseguírono oficialmente desde 1910), poden ter independencia económica. Permíteselles ter contas en entidades bancarias, como a calquera home. Teñen acceso aos mesmos postos de trab......
Non sei a vós pero a min resúltame estraño que no século XXI aínda existan desigualdades entre xéneros.
Espero que gocedes lendo esta magnífica obra de Carmen e Rosa, ás que lles agradezo o traballo realizado.

 "Entre a tradición e o cambio en Galicia"
As Mulleres na Sociedade Ourensá de Comezo do Século XX 
Carmen Benso Calvo e Rosa María Cid Galante
deixademe uns días pra que poda leelo completo, e intentarei volver falar del, penso que paga a pena.

No hay comentarios: