Dende logo, xa non e ningunha sorpresa, ver a calidade que ten o Outono Fotografíco ourensán.
Don Benito Losada, cada ano, consigue superarse, a pesar de poñerse o listón cada vez mais alto. Xa non polas exposición que teñen rematado, senon polas que se poden visitar estes días, e as que ainda teñen que comezar, (a esperada de Ana Iglesias no Ateneo por exemplo).
Sexa como fora este fin de semana, temos tres opcions, no Museo Municipal, "Album familiar"; una recompilación de vellas e bellas, imaxes feita cas achegas de xente maior de sesenta anos, e cunha tematica común, o "viaxe". ca colaboura de Caja Madrid.
No centro Caixanova da Praza Maior, estan a esperar a nosa visita, case que todos os mestres da vella fotografía en Galicia, José Pacheco, e o seu irmán e alumno Jaime, Caamaño, Sellier, Pintos, Samaniego, (o da Coruña, non o de Ourense), Augusto Pacheco, Chao, e un longo etc de profesionais da imaxen; grazas os cales, temos imaxes do noso pasado. A esta exposición estades convidados a levar as vosas camaras fotografícas, e así poder facer unha fotografía diante dun vello Pano de Fondo; eses "escenarios" que montaban nos seus estudios (ou onde fora preciso), estes profesionais. Precisamente ese, o Pano de Fondo e o fio conductor desta fantastica exposición.
Por si fora pouco cas duas anteriores, no Ateneo, poderedes ollar unha espectacular mostra de fotografía belica, (II Guerra Mundial). Grazas a afección de Don Aurelio Fernández Dopazo, quen laboriosamente conseguiu facerse con autenticas xoias historicas, e xenerosamente tivo a ben doar ao Patrimonio do Ateneo, estes días podemos ver por primeira vez esta fantastica colección. Aproveito pra felicitar a Pablo Gonzalez, (quen se encargou da limpeza, e preparación deste material), por o seu traballo, sen dubida inmellorable.
O meu humilde consello, e que si podedes fagades un roteiro improvisado, e visitedes as tres, pero si non pode ser nun soo día, non vos preocupedes, que ainda estaran con nos unha temporadiña.As fotografías de hoxe corresponden a Esposición de Pano de Fondo, pero si podo poreivos tamén algunha imaxen, das outras exposicions.
No hay comentarios:
Publicar un comentario