Fai tempo, faleivos desta (vou obviar adxetivos), idea que se lle ocorreu a algunha mente pensante, Preme eiqui pra ver a entrada anterior; hoxe grazas á amabilidade de Don Afonso Vázquez Monxardin, podo ensinarvos o deseño previsto.
Nos anos setenta e para resolver o paso dos accesos a Galicia pola ponte vella, propúxose a "fenomenal" e "lóxica" idea de modificar a estrutura dun dos arcos da nosa ponte; afortunadamente impúxose a cordura, e ese proxecto desestimouse.
Eu na miña ignorancia, preguntome: se non sería unha forma de desviar a atención dos cidadáns?, e así non se expuxese publicamente a posibilidade de que se desviase todo o viario cara a outra zona onde non deixase condicionada como fixo, a inclusión do rio na cidade. A que podería ser gran zona de recreo dos ourensáns, perdeu toda posibilidade de desenvolvemento debido a esta estrada, da que non discuto a súa utilidade, (non dispoño dos datos de transito), pero dubido que non existisen percorridos alternativos menos lesivos para as nosas ribeiras.
Agora xa foi Marica non chores, pero procuremos que ideas deste tipo, non se lle volvan a ocorrer a ninguén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario