Consejos y avisos

29/6/10

O pazo dos Espinosa na via Sagra

As rúas do casco vello, pra mín, teñen un encanto especial; non e somentes unha cuestión estetica, (que tamen o e), senon que o pasear por elas pausadamente, facilmente podes representar na tua cabeza, esceas doutros tempos.
Venseme agora o maxin, a escea do carromato cos seus corceles, entrando no portalón do numero catro da rúa do Alba, (ou e 2- A, tanto ten, e o meu maxín), e ver descender o señor de Puga cas suas galas, que ven visitar os Espada... (deixemonos de divagar).
Do que hoxe quero falarvos, ou millor dito, o que quero facer e aconsellarvos, que leades no numero trinta e cinco do "Boletín Auriense" (ano 2005) os traballos que baixo a firma da admirada Dona Olga Gallego, e os Sres. Fernandez Quintela, Xusto Rodriguez, Pacho Blanco e Fariña Busto, dan unha perfecta explicación da historia da Saga dos Espinosa, e a sua continuación cos Bóbeda da Limia (ou Boveda).
Lendo eses traballos, podemonos enterar doutra das modificacions que se fixeron na rúa Juan de Austria, (da que fai uns días ensineivos unha fotografía falando da desaparición da praza do Recreo), nesta ocasion, tratase do tramo mais elevado da rúa, o que inicialmente se chamaba via Sagra, ou Sacra, (por certo sempre pensei que o nome debiase a que as procesions sempre pasaban por esa rúa, pero despois de falar co amigo Natalio Blanco, do A.v.O. xurde unha dubida, nesa zoa estivo o cementerio da cidade, ou como ainda se fai nas igrexias do rural, fixeronse enterramentos; poidera ser que o nome viñera de ahí), e logo foi rúa da Union.
O edificio onde hoxe esta a "Casa do Pulpo", e os que continuan ata chegar o "A Baluca", na esquina da rúa dos Fornos, (daquela esta interseccion era a plazuela de tras la Capilla del Sto. Cristo"), foi no seu día a casa-pazo dos Señores de Espinosa, e logo por parentesco, foi dos Marqueses de Boveda da Limia.
A casa grande, como podedes observar nos planos, co seu zaguan, invadia a rúa, e de feito cando se construiu a capela do Santo Cristo, houbo que facelo, cunha inclinación nese linde, pra que non se pechara a rúa; ainda con esa modificación da capela, contan que en mais dunha ocasión os rateros aproveitaron a cercania dos tellados pra acceder a Catedral, e apropiarse do alleo.
Sabedes que eu non son proclive a modificar as vellas construccions, e dende logo de tiralas, nada, pero no caso desta rúa, entendo que e procedente unha excepción, incluso penso que esta xa se podia ter feito con anterioridade, realmente cando se fixo a capela de Santo Cristo houbera sido convinte modificar a rúa; pero que queredes, se hoxe e complicado botar abaixo unha construcción ilegal, imaxinade daquelas cando ainda por riba non era ilegal, e o seu dono era un dos poderes da cidade.....
Como vos dixen o comezo, se vos gusta o tema, leede os traballos do "Boletín Auriense", que non teñen perdá, coñeceredes datos dos problemas do Bispado cas familias da nobleza, que eran de tal calibre, que incluso anda polo medio a morte dun Bispo, lembrades o asunto do "Pozo Maimón"?, e tedes lido algo dos Cadorniga?, pois por ahí vai a "Hestorea".
Nunha proxima entrada tentarei mostrarvos o primitivo trazado de toda a Rúa, dende a Igrexia de Santa Eufemia, ata a intersección da rúa dos Fornos. Sera chafalleiro, pero que queredes, eche o que hai.

No hay comentarios: