Consejos y avisos

17/10/09

Avance de la Provincia de Orense 1923-1929

O meu mais sincero agradecemento a Don Amador Rego Villar-Amor, por prestarme este libro
Se algo se converteu en rito, neste país, (o marxe dos apupos ao Presidente), iso é o esplendor e boato que se dá ás inauguracións de estradas, hospitais, escolas e demais obras que "debemos" aos políticos; non é a miña intención criticar eses actos, nada máis lonxe da miña intención; é licito intentar divulgar os teus feitos, a fin de conseguir o recoñecemento, no caso actual, o tan desexado voto.
En diversas ocasións, faleivos de datos, ou mostrado material grafico, procedente de publicacións oficiais, do réxime Franquista, "Veinte años de paz en el movimiento nacional" - La Industrial Orense 1959, ou o libro "Orense" pertencente á serie España en paz, Publicaciones españolas 1964.
Vén isto a conto, pola obra que quero presentarvos hoxe, (o de presentarvos é un dicir, falamos dun exemplar editado en 1929 Imprenta La Popular), posiblemente a fonte de inspiración dos exemplares e inauguracións mencionadas.
Avance de la Provincia de Orense 1923-1929.
O libro foi realizado coa colaboración de todas as autoridades provinciais, do período recolleito, a fin de dar constancia de todas as melloras conseguidas durante a ditadura do Xeneral Miguel Primo de Rivera.
É dende logo unha magnifica fonte de información, que nos permite achegarnos á situación da Provincia neses anos, é fiel en canto ás melloras, tanto as realizadas, como as proxectadas, (ainda que nalguns casos non chegaran a termino, ou se fixeran con sensibles modificacions), e se seica se fai necesario reprocharlle aos autores, a escasísima referencia que se fai aos problemas que aburaban (e aburan, porque a maioría mantéñense vixentes) á provincia.
Descoñezo se se realizaron publicacións desta índole noutras provincias españolas, é de supor que si.

No hay comentarios: