Fotografía cedida por Leonardo Pascual-Bodmer Souto
Ata fai moi pouco descoñecía a existencia deste cabaleiro, e polo tanto non tiña datos da súa estancia na cidade, grazas ao blogue, (ese foi uns dos principais motivos da súa creación: descubrir máis datos de Ourense), puiden saber algo da súa vida.
Antes de nada pedir desculpas polo erro cometido na anterior entrada, nela situaba o seu negocio na rúa Instituto, (Lamas Carvajal), ata expuña a posibilidade de que coincidise en localización coa reloxería Portuguesa, pois non, a súa localización real era na rúa Pereira nº 2, ou o que é o mesmo, no edificio de Alfredo Romero, pola fachada á avenida de Pontevedra.
Don Otto Bodmer, debeu recalar nesta cidade, ao redor do ano 1900, (en 1903 xa tiña aberto o seu negocio), o seu oficio era o de reloxeiro, e a iso adicouse, fabricaba artesanalmente reloxos tanto de peto, como de parede, (aínda é posible ver algunha das súas obras en poder de ourensáns), e en menor medida tamén facia a traballos de xoiería.
Tivo unha filla, Ottita chamábanlle as súas amizades, aínda que o seu verdadeiro nome, era Elisa Bodmer; caso con Don Leonardo Pascual Santana, (Armería Pascual), concelleiro da cidade no período anterior á guerra civil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario