Consejos y avisos
30/7/09
Regatas de remo no Miño
Estamos no verán, e o rio énchese de bañistas, e xente ansiosa por ligar bronce, e o que cadre, a min ocorréuseme, que con esa xa elevada presenza de xente, poderíase facer algo para achegar máis a cidade a ese rio que tan ben nos coida, e ao que nós históricamente tan mal tratamos.
Eu suscito a idea estival, e quen queira que a utilice, non cobrarei dereitos.
Como vedes na imaxe, as barcas que tiñamos antiguamente, e que tan bos servizos deron, tanto para a pesca, (quen diría que se podía vivir da pesca no Miño), como para o transporte de viaxeiros, de todas as especies, ("contan que nunha ocasión "O Porfirio", parecía unha vaca na proa da embarcación, pero ao ir achegándose á beira déronse conta de que non era el, se non que levaba unha vaca capitaneando o barco, a desgraza foi que mentres os veciños comentaban o erro, a capitá decidiu erguerse , para estirar as patas supoño, e de feito conseguiuno, a barca envorcou, e o pobre animal que ía atado non foi quen de nadar coas extremidades nesa tesitura, o carnicero ese día tivo que facer os filetes coas botas de pesco, pero seguro que non todo foi perdida, daquelas o fame era moita").
Xa se me foi a olla, o que eu quería dicir, e volvo á idea orixinal, é que se cadra sería unha boa idea rescatar esas antigas barcas, e organizar unha regata de beira a beira, ou de ponte a ponte, bo deixo as normas e o seu desenvolvemento a quen lle interese, a mín dende logo gustaríame velas, iso si o de remar non o levo ben, aparte do Alzheimer que os meus fillos din en ocasións que me empeza a afectar, (segundo eles teño problemas para recordar promesas e permisos), as miñas articulacions non están todo o diligentes que debesen, será a idade.......
Etiquetas:
Escenarium
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario