Consellos

Usar as pestanas que están encima desta advertencia.
Os que non utilizades Explorer, debedes usar as etiquetas que están na dereita o fondo do blogue.
As imaxes das páxinas web non adoitan ser de dominio público, pois están suxeitas a dereitos de autor e teñen copyright.
As imaxes de dominio público son as que o propio autor libera, ou aquelas feitas por alguén que morreu hai máis de 70 anos.
Só se poden considerar imaxes de dominio público aquelas que "explicitamente" son publicadas baixo esta condición.
As imaxes suxeitas a dereitos de autor poderanse utilizar sempre que teña unha finalidade didáctica e sen animo de lucro.
No meu caso, as fotografías que son da miña propiedade, non teño inconvinte en que se utilizen, sempre que non sexa para obter un beneficio.
As que se me prestan con fines didácticos e históricos, depende dos seus propietarios dar a autorización pertinente para seren utilizadas.

Novo mail ourensenotempo@hotmail.com

23/12/11

O Couto Vello

Se onte invitabavos á colocación do mural do A.v.O. Hoxe quero invitarvos a participar directamente noutra das actividades en que se involucrou a asociación.

En colaboración coa Sociedade Albor do Couto, o A.v.O. Puxo en marcha un concurso recompilatorio de fotografías antigas. Neste caso centrados no Barrio do Couto.

Os que teñades algunha fotografía de personaxes ou lugares do Couto, e queirades colaborar, só tedes que achegarvos aos locais da sociedade, na Rúa Greco n.º 7, e alí mesmo escanearemos a fotografía que poderedes levarvos o momento; a asociación quedase cunha copia, que será a que se expoña ao público.
Desa forma os orixinais, non correrán ningún risco.
O día 14 de Xaneiro un xurado composto por un membro da Sociedade Albor, e outro do A.v.O. decidirá os gañadores, outorgándose un premio de 100 € á fotografía máis Bela, e de 75 á mais Vella; nun acto que se celebrara o día 15 de xaneiro nos salons da Sociedade.

Animarvos a participar.
E de novo para todos Bo Nadal