Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

13/12/11

E a vós...

 Praza do Trigo aprox 1910. Fotografía propiedade Dona Mercedes Noguerol.
Continuo a abusar da xenerosidade do Mestre Don Ramón, para mostrar estas fotografías. Ninguen coma el para aportar datos de interes da nosa historia.
Fixadevos no Galego que utiliza, non e de ningun xeito incorrecto, o que sí temos que ter claro, e que o igual que o Castelán, o Galego ten Historia, é este poderiamos denominalo Galego Antiguo. (e a opinión dun profano coma mín; os tecnicos pode que teñan outra teoria, e seguro que a deles e mais correcta.).

... O pateo S. da catedral seguia por parte da Praza do Trigo collendo o qu´hoxe é mercado e se chama Madanela hastra xuntarse ca eirexa de Santa Maria. É pouco doado detremiñar o vagantio do patio S. da Basíleca. A Praza da Madanela foi cemiterio hastra 1848 ca dedicanza de que garda o nome. Inda se enterraba alí nas primeiras epidemias coléricas dos século XiX, i-os veciños do espolón estaban afeitos ô tristeiro aparato dos entierros. No paso â Praza do Trigo habia unha capela propiedá do marqués de Camarasa que foi desfeita no ano dito. O calexon con escaleiras do Olvido que pasa por un recuncho do vello Ourense é a mediados do XIX aberto pol-o concello onde habia unha casa arroinada do Cabidoo. logo desamortizada. Cisneros era parte da Praza do Trigo. S. Pedro. Monterrei e S. Quintin gardan a vella figura. A derradeira era entón parte de S. Pedro;  a de Monterrei leva o nome do reximento provincial que alí tivo coartel. Na rúa de S. Pedro, na casa que tén un santo, viviu ô principio do XIX o célebre deán e Bispo Bedoya a quen se debe a conservazôn do que resta do patín S. da catedral.
OTERO PEDRAYO, Ramón. Estampas d´Ourense a medeados do século XVIII. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. A Cruña 1927. pax. 37

Praza da Madanela ou da verdura, cruceiro de 1718. fotografía propiedade Augusto Pacheco jr Aprox anos 60. 
Permitideme que vos faga unhas puntualizacions.
 Na primeira fotografía fixadevos que as rapazas manexan unhas canas, era muy tipico, nestas fontes que tiña o chorro tan alto, levar a cana cun embudo, na praza do Ferro tamén era habitual ver esa escena
Don Ramón o falar do Déan Bedoya lembra o detalle da sua loita co concello para salvar o patín da Catedral; que no último texto que publiquei de Don Miguel Ángel Gonzalez García, tamén e obxeto de comentario. 

No hay comentarios: