Consejos y avisos

14/5/11

OnT. nos medios. (Ourense por Barrios I)

Polo problema que tivo onte Blogger, non saiu a entrada e borrouse; nun momentiño volvina facer, e eiqui a tedes, con un día de retraso.
Pra alternar un pouco as entradas publicadas pola prensa nos últimos tempos, hoxe poñovos a primeira que saiu no mensual Ourense por Barrios, (Santos do 2010), en total polo de agora, van sete neste diario e trinta no diario La Región, pouco a pouco poreivos todas. A de hoxe, foi causa duns cantos mails, falando da posibilidade de que a fotografía estivera invertida.
Pra que cada un faga a sua composición de lugar, acompaño a entrada que naquel momento saiu na prensa, con outras fotografias que vos poden axudar.
Apoiada na parede das casas municipais, na actual rúa da cruz vermella, estaba situada a fonte do Rei, no momento en que se obtivo a instantánea, ao redor do ano 1939, aínda tiña tres caños, pero a pila xa desaparecera. Hoxe en día só está no sitio, o escudo Real e a lembranza dun caño.
Noutro tempo chamabase do Bispo, na honra do Bispo Tricioy, quen mando construila.
O escudo pode ser que fora rescatado da fachada da Casa Consistorial, que nalgún tempo estivo ahí ubicada, (existe un debuxo do Don Ático Noguerol no A.H.P.Ou. deste edificio, acompañado de datos moi interesantes). Se facemos unha comparación co outro escudo que temos na cidade, (depositado no Museo Arqueoloxico (1927), procedente do antigo matadoiro municipal da Burga), veremos que as armas da cidade, teñen a orientación invertida.
Cítase esta fonte na obra de Eduardo Blanco Amor, “A Esmorga”, como o sitio onde acudiron os esmorgantes para “refrescarse” durante as suas correrías

Arquivo visual Ourensán fondo M. Noguerol
Fotografía propiedade de dona Mercedes Noguerol.
Fotografo, Don Ático Noguerol (non profesional)
 
 Estes son os detalles do escudo que esta no Arqueoloxico, e o que actualmente esta na praza.

Fotografia casi actual da "fonte" do Rei

No hay comentarios: