Consejos y avisos

31/5/12

A Ponte no 1867


   Coa chegada do mes de xuño, comeza a tempada de verán, no blog; e este ano a programación, será máis austera aínda que noutros anos. De feito limitareime a realizar entradas os luns e xoves, de forma fixa, aínda que existe a posibilidade dalgún cambio tanto no sentido de aumentar algunha entrada, como de que non se produza; botade un ollo a diario e asi non vos perderedes ningunha.

   Estas medidas de austeridade, son por solidariedade co resto de sectores do país; xa que temos que recortar, recortemos. Non, non van por aí os tiros, a crise por desgracia estámola a sufrir, pero non chega a afectar ao blog; non quero desvelarvos nada, pero realmente faime falta o tempo para un proxecto que teño que rematar, e se non hai ningún problema vería a luz aproximadamente en febreiro do ano que vén.
   De momento e a xeito de "pista", aquí déixovos unha das fotografías máis antigas que temos da nosa vella e bela ponte, fíxoa en 1867 o fotógrafo francés Jean Laurent, e hoxe en día, unha copia polo menos está custodiada polo Ministerio de Cultura. Ojala todas as vellas imaxes fosen tan doadas de identificar e catalogar non?.

30/5/12

Postais daquelas


   Onte advertinvos que ían ser dous as entradas con material cedido polo amigo Gonzalo, parte eran fotografías, e parte eran postais; sei que mo comentou no seu momento, pero xa non recordo se era a súa nai a coleccionista de postais, ou era a súa avoa; inclínome a pensar na súa avoa pola idade das postais.

   Ao mesmo tempo, esta colección tráeme á cabeza algo que xa vos comentei, sobre as artistas que visitaban a cidade pra actuar nos cafes cantante da nosa Auria "Moderno", "Mendez Nuñez", "Unión", "Regio", "Bilbaina" etc; algunha delas representada tamén neste tipo de postais, digamos de difusión oficial.
    Refírome ás fotografías que polo menos o Sr. Don José Pacheco, segundo contan as malas linguas (de ser certo, supoño que serian mais os compañeiros de profesión que ofrecían eses servizos), obtiña no seu estudio destas señorita para despois distribuílas entre os parroquianos.
   Certo é que existen probas, de que as modelos non ían tan tapadas como na postais oficiais que hoxe vos mostro, pero non vaiades pensar en escenas pornográficas, sempre quedaban nun belo erotismo, o que as facia posiblemente máis interesantes.
   Dende o punto de vista económico, eran unha autentica mina, para todos os implicados, que non eran poucos; a artista coméntase que recibía sete pesetas (dos anos 30 aprox), os camareiros e limpabotas recibían unha boa comisión pola súa distribución, e o artista fotógrafo seguro que non se queixaba. Por se fose pouco, fomentábase a cultura, xa que supoño que a discreción, esixía que os distribuidores levasen algúns modelos de despiste, así é como se fomentaba a afección ás postais náuticas, de monumentos etc.


29/5/12

De novo, a do Ferro


   Fai tempo que quería mostrar algunha das fotografías que o meu amigo Gonzalo, prestoume, e non encontraba o momento.

local nos baixos da Casa dos Temes
    Por iso en vez dunha entrada farei duas en desagravio e agradecemento ao mesmo tempo pola fermosa e abundante colección de fotografías e postais que me prestou.   Hoxe veremos dúas das fotografías que mostran unha praza do ferro, xa coñecida por todos nós, pero que segue chamando a atención cada vez que se encontran imaxes. Trátase de fotografías obtidas nos anos (50-60?) en que se decidiu nivelar a praza, e eliminar os chanzos da fonte; posiblemente a intención fose boa, pero a min non se me ocorren máis que pegas arquitectónicas para que quedase ben, se non, buscade polo blog*, e veredes como quedaba o remate co que eran os soportais da ferraxaría Blanco Vega, o que hoxe é o Duque, certo é que os xubilados da época encontraronlle utilidade rapidamente e converteron ese falso banco en punto de reunión; pero as protestas de comerciantes e veciños conseguiron finalmente que se repuxese a praza ao seu estado orixinal; á fin e ao cabo as prazas en Ourense por tradición teñen que ser en pendente non????.
*Pra que non teñades que revisar todo o blog na busca da foto, eiqui deixovos o enlace Detalle do escalón
Praza do Ferro Augusto Pacheco 1960


28/5/12

Tempo de verán = Xeados = ?

   Nada máis lonxe da miña intención, que querer entristeceros con recordos dun pasado próximo; pero chega o tempo en que a moitos encamíñanllenos involuntariamente as pernas cara á esquina do Paseo con San Lázaro, buscando a fría sensación do "mantecado" nas nosas gargantas que nos axude a combater as calores que en teoría se nos aveciñan.

   Por idade, a maioría de vós recordardes os postos fixos en parques e rúas de moito transito, pero seredes moitos menos os que lembredes o "carriño dos xeados", eu non podo asegurarvos en que datas conseguiron o status de negocio con dereito a "ancorarse" na cidade, pero supoño que sería unha cuestión sanitaria, (o tema das baterías eléctricas non ía con eles).

   Sexa como fose os carriños tamén marcaron unha época, e os seus propietarios alcanzaron gran renome, sobre todo entre a poboación xuvenil. Non serei eu quen revele secretos xeadero - cliente, pero asegurovos que o xeadero en moitas ocasións convertíase en "mestre", "conselleiro", "protector", "vixiante", e algunha tarefa máis; certo é que os tempos cambiaron moito, e algunha das súas funcións hoxe podería mal interpretarse, (sempre había un pitillito para o quinceañero que quería pavonearse diante das mozas), pero en xeral tanto pais como fillos valoraban a súa presenza no parque.

   No blog xa estivo dona Teresa Lamelas, posiblemente a primeira muller que tivo un posto de xeados na rúa, e hoxe visítanos outro histórico, Espina, o xeadero do Xardín; falta algún máis, pero por desgraza aínda non teño fotografía deles, Pepe o do parque, era un dos máis famosos, e seguro que alguén ten por aí unha fotografía súa, así que buscala e eu contareivos algunha anécdota que me sopraron.

Non sei se vos destes conta, de que non nomeei ata agora  a La Ibense, verdade que non facía falta, que todos tiñádela en mente??????. Valeeeee algún tamén El Cortijo.
La fotografia es uno de los hallazgos del amigo Javier Torres 

25/5/12

Quebra cús

Aprox. primeiras decadas do seculo XX 191?, (perdoade a vaguedade na datación, pero escapo de errar)
Volve visitarnos esta, chamémoslle rúa, aínda que algún purista poida corrixirnos, e dicir que só se trataba dunhas escaleiras de acceso. Que mais dará?

Descoñezo se é polo magnífico miradoiro que sempre supuxo a súa parte alta, desde o que se divisan, (ou divisaban) os tellados da catedral, e os montes do seminario, a máis diso un tramo do noso Miño; o caso é que existen unhas cantas imaxes na que o primeiro plano, está reservado para ela, Quebra cús.

É posible que a orixinalidade do nome, (na Rúa aínda pervive unha con ese nome, e na veciña Portugal concretamente na universitaria Coimbra, teñen unha mais casta pero semellante, Quebra costas), tamén sexa un atractivo adicional para retratala. E precisamente do nome quería falarvos, ou máis ben facer unha reivindicación: cónstame que algún edil da nosa corporación de "cando en vez", pásase polo blog, (tamén algún ou algunha xornalista local para coller ideas), polo cal aproveito para suxerirlles, que contemplen a posibilidade de recuperar algún nome antigo das nosas rúas; en moitos casos non suporían ofensa ningunha, se seica incomodidade para veciños e carteiros.

    Comezariamos con Quebracús, e poderiamos continuar con Rapagatos (San Miguel) e porque non recuperar o nome de Pelouriño (Colón), só o nome.