Consejos y avisos

30/4/11

Suso Silva "O Circo dos Horrores"

A Coruña do 29 de Abril o 17 de Maio,
Queixabase amargamente o amigo Moncho Conde Corbal nas suas "Percepciones", de que de novo na cidade onde naceu, non vai actuar, o añorado Suso Silva. "Suso Clown"
No 2009, o dia 29 de Octubre estrenou na Coruña, o seu espectaculo, e onte 29 de abril do 2011, de novo regresa A Coruña, e seica desta vez tamén pasara por Vigo. Os amigos da "escola", teremos que coller de novo o coche, pra poder velo. É tan complicado que lle ofrezan actuar, eiqui na sua cidade?.

Como nada cambiou dende aquelas, repito hoxe caseque integra a entrada que no 2009 fixen falando del; certo e que ainda non poiden ir onde a sua nai pra recoller unhas fotografías que me ofreceu, pero seguro que vou, antes de que lle ofrezan vir mostrar o seu excepcional e terrorifico espectaculo. 

"Suso Silva, (polo seu verdadeiro nome, Jesús, só recordo que o chamasen, os profesores do colexio, e os do instituto, e non todos), é un deses ourensáns que por seguir a súa vocación, non ten máis remedio que pasar a vida viaxando; logo de case trinta anos de profesión, supoño que o terá asumido, os que non o teñen asumido , son os que como eu, pensan que se lle podería invitar de cando en vez, a visitar a cidade, e poder gozar dos seus espectáculos.
Coido lembrar, (e de non ser así que alguén me corrixa), que só se lle puido ver con ocasión dunhas festas da cidade, fai xa bastantes anos (uns vinte), daquelas tiña en marcha un orixinal e divertidísimo espectáculo penso recordar que se chamaba "Paxaros na Testa", (Paxaros 86), o cal por casualidades da vida puiden gozar aquí e nunha illa a mais de 1000 km. Gran Canaria.
Puiden rirme con el, tamén en Madrid, vendo  un "fotógrafo xenial", e desgraciadamente non puiden gozar da súa colaboración co Circo da Arte.

Damas e cabaleiros

Comeza o espectáculo !!!!!

Facede clic neste enlace e palideced.
 
Eu vereino, e vos se podedes ir tamén, disfrutar desta xenial obra do noso Suso Silva.
Saudos e unha aperta. 

29/4/11

Don Manuel García

Xa onte vos dixen que se visitabades a exposición, non buscarades somente o cadro de don Ramón Parada Justel; pretiño dese cadro, tedes esta fotografía que eiqui vos mostro.
E o retrato de Don Manuel García García.
Se vos fixades na fotografía da señorita tocando o piano, daredevos conta que xa daquelas don Manuel, tiña sido retratado por don José Pacheco.
Postos a especular, e agardando as correcions pertinentes do seu descendente, Santiago Mosquera do A.v.O. a fotografía de don Manuel, penso que debe datar aproximadamente de comezos de século XX, ou posiblemente finais do XIX, (1898??).
Casualidades da vida, esta fotografía ten historia propia; seica desde que se fixo, e durante anos estivo no salón da casa familiar na rúa do Instituto (Lamas Carvajal), acompañando os seus descendentes; ahí foi onde o retrataron, xa con marco e todo, gozando (espero), das practicas musicais da que supoño a sua filla, (anos 20??),  logo por avatares da vida, trasladouse cunha parte da familia, cara unha casa mais soleada, nos xardines daquelas de Concepción Arenal. Logo da sua estancia nesa casa, pasou uns momentos complicados que incluso fixeronno dar por perdido; a casualidade, e algo de fortuna quiso que fai relativamente pouco tempo,   parentes familiarizados ca sua imaxen por ter mais fotografias de Don Manuel, identificaronno na capital do reino, e decidiron o retorno a sua terra. Así e como hoxe en día volve estar en Ourense, e podedelo ver estes días no Museo.
Se as queredes ver teredes que visitar os dous andares da exposición, xa que don Manuel esta no baixo, e a outra fotografía no primeiro andar. Cuestions de organización!!!.

28/4/11

O cadro de Don Ramón Parada Justel

Como vos dixen onte, intentarei ensinarvos obxetos, (nalgun caso como o de hoxe, autenticas xoias), que aparecen en fotografías das que temos no Arquivo visual Ourensán, e ainda e posible velas hoxe en día.
Logo da do reloxo de onte, (que ten trampa), hoxe quero que vos fixedes nesta, que ultimamente estades a poder ver con frecuencia.
Tratase da fotografía que ilustra a portada do libro Achegamento a historia da fotografía en Ourense, e o mesmo tempo da a benvida os visitantes da exposición, Ourense, un século de fotografía en Ourense.A fotografía levou tempo conseguila, pero penso que pagou a pena, maxime cando o final apareceron, unha copia orixinal, e a placa orixinal de cristal, (todo un luxo).Pois nexa fotografía do estudio de Don José Pacheco, (datada supostamente no 1903), e feita (tamén supostamente), por don Pedro Ferrer, (este último dato, pode non ser exacto, dado que o aparecer a placa no arquivo Pacheco, fai poñer en dubida a autoria; a relación entre Pacheco, Ferrer e mesmo Ksado, foi moi boa, e non e extrano que instantaneas feitas por un deles, levaran o selo doutro). Como decia, nexa fotografía podense ver os aparellos propios do estudio, xunto cos obxetos utilizados por estes profesionais pra ambientar as suas fotografías.
Pero neste caso, temos outro obxeto, que non esta ahí, pra decorar, senon que pode ser como agradecemento, cara o autor, que lle fixo este fermoso agasallo ao mestre Pacheco. Falo do cadro de Ramón Parada Justel, que como di na dedicatoria, don Ramón.
 "A mi buen amigo Pacheco, afectuosamente. Orense 1875"
Foi dun amigo cara outro. A fortuna, e a amabilidade do meu "vello" (por fastidiar) Mestre Augusto Guedes, neto de Don José, fixo posible que estes días na exposición podamos disfrutar desta fermosa obra pictorica o natural.
Como xa vos dixen nalgunha ocasión, (ou a lo menos pusenno no libro), esta obra forma parte dunha triloxia do autor, que se completa con "El Segador", e "Neno tocando a flauta", ambalas duas obras hoxe en día en poder do Museo Arqueoloxico de Ourense.
Tedes na exposición do Museo Municipal a posibilidade de ver estas duas imaxes en directo. E si tedes ganas e paciencia fixrvos ben, porque na entrada de maña, poreivos outra curiosidade que tamén esta estes días no Museo.

Ourense, un século de fotografía (Tvg) A Revista

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

27/4/11

Pequenos detalles "La Regidora"

 Fotografía propiedade de A. Camba.
Ando estes días dandolle voltas a cabeza, pensando en que podo poñer, tendo en conta que esta a exposición no museo, e os afecionados e posible que estean un pouco saturados de "vintage".
O caso e que por casualidade atopei esoutro día un obxeto, que me chamou a atención, maiormente, porque estou canso de coñecelo, e de pequeno viao con moita frecuencia.
Falo do reloxo do restaurante "La Regidora", (poucos dos que pasan dos trinta teran esquecido este local, do que xa falei nalgunha ocasión no blogue); o bar Fervenza, nos viños, garda este pequeno tesouro, pra os amantes do pasado local;  testigo de celebracions gozosas de moitos dos ourensans, este reloxo era un personaxe mais, nas fotografías que se facian no convite.
Por il rexiase a vida do bo de José Ramón, da laboriosa Rosina, e do fenomenal cociñeiro co que contaba o restaurante.
O problema e que despois de velo, e confirmar co dono do Fervenza, a procedencia do aparato, chego onde o meu arquivo, e atopo esta fotografía na que sae o reloxo en cuestión, como podedes ver ser e moi parecido, pero igual de todo non é. Explicacions poden existir moitas; por exemplo que a madeira que rodeaba a maquinaria houbesese sustituido co tempo, (a fotografía da boda, e mais ou menos dos anos 50); outra opción que se me "escurre", e que na miña memoria (non moi fiable), existe un lonxano recordo, da existencia de dous reloxos, un detras da barra, e outro no comedor.
Se algún de vos sabe cal e a explicación, sabe que ten o meu mail a sua disposición.
Como vos decia o principio, a casualidade de atopar este reloxo, diume a idea de intentar ensinarvos cousas que actualmente se poidan ver, no mesmo estado que saen nalgunha das fotografías que temos no AvO.
Se podo maña empezo. 
Por certo se vos pasades polo Fervenza, poderedes ver o reloxo, pero tamén algunha cosiña mais; como as vellas taquillas do Principal, e algunha mais. Mentras tomades un viño buscade polas paredes, que según vaides "libando", iredes vendo mais cousas interesantes. 
(un día destes pasarei por alí pra coller unha "merluza", a conta da publicidade gratutita.)