Consejos y avisos

12/6/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XVII)



Non me queda máis remedio, que recoñecer o feito de que gozo facendo este blog, e sinceramente, hónrame saber que o le alguén. Pero o que máis me agrada de iste "hobby"; é descubrir aos poucos, datos, imaxes, e persoas pra  mín totalmente descoñecidas, ou das que como moito manteño un vago recordo de cando eu era neno, (fai ben pouco).
Vén isto a conto, debido á fotografía que durante a exposición, fíxonos chegar Gloria Rodríguez Cantón; como podedes ver, trátase dunha bela moza, que pousa como unha artista, (e se cadra o era), e segundo reza na propia imaxe a fotografía era de Foto Pacheco (A Coruña).

Este selo, viña completar a lista dos estudos Pacheco en Galicia, e pola miña experiencia, non é fácil de atopar. Cando preparaba o libro do Achegamento a Historia dá fotografía en Ourense, funme familiarizando coa saga dos Pacheco, quenes conseguiron retratar todo un século da nosa Galicia (con perdón de don Pedro Ferrer, Luís Ksado, e algún gran artista mais, que por Galicia foron). Ourense José e Augusto; Vigo Jaime, Horacio e os fillos de Jaime, Monforte Cesar.... poño puntos porque non me atrevo a pechar a lista, sen ir máis lonxe, o Pacheco que hoxe aparece da Coruña, sen esquecer tampouco a Antonia e Beatriz, sobriñas de José que colaboraron no estudo Ourensán, nin ás esposas de todos eles, que as súas boas horas pasaban nos estudos.

Pero, non vou facervos hoxe a árbore xenealóxico da familia, limitareime a aclararvos quen era este Pacheco que traballou na Coruña.

Don José Pacheco Guedes, (outro día intentaremos aclarar o enigma dos apelidos deste señor), comezo da saga, tivo tres fillos, Olga José e Augusto; á arte fotográfica, dedicáronse os homes. Augusto é dabondo coñecido por todos os seguidores do blog, pero o seu irmán José, pra moitos é un gran descoñecido.

Nacido en 1902, xa que logo seis anos maior que Augusto, todo fai pensar que aprendeu as artes da fotografía de man do seu pai; e ata para ser honestos, debemos considerar a posibilidade de que algunha das fotografías atribuídas ao seu pai, realmente fosen obra súa; refírome máis que nada, ás de exterior, realizadas durante a década dos vinte, e os primeiros anos 30, aínda que tamén destes últimos anos poidan atribuírse ao seu irmán Augusto, quen de feito figura como autor das realizadas a partir dos anos 40.

José por cuestións ideolóxicas, durante a guerra civil, sufriu o que se chamaba "depuración", e estivo recluído nun campo de concentración en Francia, de onde regresou a finais do ano 38. Nese momento, é cando, cóntanos o seu sobriño Augusto Guedes, que decidiu establecerse na Coruña, para o que o seu pai cédelle, a cámara da galería, un fondo negro de veludo e algúns focos. Con ese patrimonio, instálase nos 40 na rúa Real da Coruña.

Da súa biografía, espero que o meu amigo Augusto Guedes, bóteme unha man, e a non moito tardar podamos coñecelo un pouco mellor.

11/6/11

Heraclio y Francisco


Ando estes días intentando coñecer a estes dous cabaleiros, e de certo que non e sinxelo atopar cousas deles, nin como xa vos comentei, atopar comentarios doutros autores falando deles.
Lin todo o que conseguín localizar (polo de agora), escrito por eles, e realmente nótaselles un gran apego á nosa Auria. A través dos seus relatos e poesías, podemos coñecer pequenos detalles do Ourense que eles viviron. Nalgún caso espertando a miña curiosidade, por saber se a historia contada ten visos de realidade, ou é totalmente ideada polo autor; é o caso dos relatos de Heraclio P. Pracer, O Puzo dá Sila, e O Puzo do Inferno, dous lugares reais, (o amigo Miguel Doval, e as xentes do Polvorín coñécenos ben), nos que se desenvolve unha terrible historia, que non dubido que de ser certa, terminarei atopando nalgún outro relato, ou na prensa local.

Polo de agora sigo buscando datos da súa biografía, e vou contentándome con ler algúns dos seus artigos na prensa local daqueles tempos, que con sorte vou atopando.

A risco de ser pesado, se tedes algunha das obras destes autores, agradeceríavos que mo comentásedes vía mail. estas son as obras que conseguín atopar.
 
Obra narrativa en galego de Heraclio Perez Placer, da serie Narrativa recuperada.ano 1998. (edita Xunta de Galicia, e centro Ramon Piñeiro para a investigación en humanidades).

Veira do Lar, Heraclio P.Placer. Editorial José Gali i Camps Santiago 1901

Pé das Burgas, Francisco A de Novoa. Areedición La voz de Galicia

Beira o Barbaña -Paisaxes- Francisco A de Novoa, (Edición e introducción de Jorge Martinez Jimenez) Edicios do Castro 1993

10/6/11

O A.v.O. nos medios. (La Región XVI)

 Estamos no verán, ainda que alguns ´días teñamos estas inoportunas tormentas, que parece ser que xa remiten. Eso permite que podamos gozar dos paseos da noitiña, e os fins de seman na rúa.
Hoxe deixarei o tema da Ibense, e outras lamentables perdas; pra lembrar os outros vendedores de xeados; nesta ocasión quero presentarvos, a posiblemete primeira muller que se dedicou a esa dulce profesión. Chamabase Teresa Lamelas, e o comezo dos anos 60, montou a sua primeira nevera; non era a que vedes na fotografía, xa que esta era a fixa, que mais ou menos no 64, tiña instalada na alameda. A primeira era unha destas moviles, que rondaban polas principais ruas da cidade en busca dos golosos avidos deste dulce postre.
Por si vos chama a atención, a marca dos xeados, explicovos como foi o tema: Don Luis Suñer, un dos pioneiros da xeaderia no pais, tiña a sua empresa Avidesa, e nos 60 crea a marca "Camay". A coincidencia ca marca de xabons Camay, supoño que cando Nestle no ano 1965 merca a fabrica que produce os xeados, decide cambiar o nome, nacendo así nese ano 65, a marca "Camy"

A fotografía xunto con outras que vos irei mostrando, deixounola a filla de dona Teresa, a quen lle quero dar as grazas.

9/6/11

OnT. nos medios (Ourense por Barrios IV)

Notariades que procuro intercalar as entradas da colaboración da prensa Ourensá, con outras novas. Pra os que me comentades, que estas xa as coñecedes, non se pode ser tan ansioso, que non todo o mundo tivo a posibilidade de velas. Para que vos fagades unha idea, máis da terceira parte dos lectores do blog, non residen na nosa cidade, co cal teñen un pouco complicado ler o diario "La Región", e moito mais o "Ourense por Barrios", así que penso que eles tamén teñen dereito a botarlles unha ollada, non si??. Aquí déixovos a cuarta das entregas do "Ourense por Barrios"..
Finalizando a década dos sesenta, este era o aspecto que ofrecía o cruzamento da rúa Ervedelo coa avenida de Portugal
Logo duns anos desenvolvendo posiblemente a maior industria local, *os fillos de Don Manuel Malingre Parmentier, Manuel e Antonio trasladan as súas instalacións desde o parque de San Lázaro, ao daquelas, case que deserto barrio do Couto no ano1896Os almacéns da fundición e a casa familiar, ocupaban toda esa esquina, na beirarrúa de en fronte, estaban os talleres da empresaSe vos fixades na pequena estrutura rematada cun pequeno tellado a dúas augas, que se ve á esquerda, estaredes contemplando o vello espertador que durante moitos anos tivemos na cidade; a sirena da fundición co seu sonoro “ulular”, marcaba dalgún xeito a dinámica da nosa cidade.
Arquivo visual Ourensán fondo J. L. Fernández Ojea

Fotografía propiedade de José Luis Fernández Ojea

Fotógrafo, Supostamente o pai de Don José Luis

*Aínda que intento evitalo, sabedes que me equivoco, por desgraza con demasiada frecuencia. Por fortuna teño lectores que me corrixen. Nesta ocasión, ninguén máis autorizado para a corrección, que a miña amiga Ana Malingre.

O caso, é que quen levou a cabo o traslado da fundición ao barrio do Couto, non foi Don Manuel Malingre Parmentier, se non os seus fillos Manuel e Antonio Malingre Ludeña, no ano 1896.
Para ampliar datos sobre esta gran industria ourensá, podedes ler o traballo da propia Ana

Malingre Rodríguez, Ana: "La Fundición Malingre de Ourense" en Porta dá Aíra nº 13, Ourense: Grupo Francisco de Moure, 2011.

8/6/11

Almacenes Feijoo "Salon de vestir"

Tarxeta publicitaria propiedade de Don José Antonio Feijjo,  (facilitada por Lisardo Mazaira)
Si onte falabamos de edificios con historia, hoxe tocalle o turno a un negocio. Continuando o  fio, insistirei no tema de que me gustaria que alguén, buscara datos, que corrixan ou complementen os que eu podo darvos.
Nesta ocasión, contei ca colaboración de Don José Antonio Feijoo, descendiente directo dos propietarios do negocio; e si ben poderia pedirlle mais información, (por medio do amigo Lisardo Mazaira, que foi nesta ocasión como en moitas outras o intermediario), decidín utilizar somentes a pouca información que teño, e deixar pra unha segunda entrada, as correccions que me podades facer vosotros, e ampliar ca última etapa deste negocio.
Xa vos aviso que os datos do nacemento da empresa que figuran en cursiva, son especulativos, e posiblemente don José Antonio faga unha corrección de seguido.
No ano 1880, don Serafin Feijoo, abre a primeira fabrica de capas de Galicia, penso que non foi na cidade de Ourense, senon en Verin. Con este negocio fixose un nome no mundo da moda, e co paso dos anos, decide instalar o seu negocio no centro comercial da nosa cidade de finais do século XIX, a Praza Maior.
No número 16, estaba instalada a lenceria de dona Constanza Suarez, "La Confianza", tal e como mostra o anuncio publicitario que figura baixo estas liñas, publicado no periodico local "El Derecho" no ano 1890,  e a partires alo menos do ano 1895 pasa a ocupar o local Don Serafín Feijoo, como se anuncia no diario "El Noticiero" do sete de xaneiro; (de ahí e de onde saco o dato que me fai especular co nacemento do negocio en Verín).
O local da Praza Maior, ainda hoxe podese ver, e resultaba pequeno pra un negocio que queria estar a última no referente a moda, e o cada vez mais puxante mercado do "pret-a-porter", facia necesario dispoñer de espacio a mais dun bo escaparate; e así como no 1915, o fillo de Don Serafín, trasladase a rúa Lamas Carvajal, como podedes ver na tarxeta publicitaria que ilustra esta entrada, no número 5, (onde hoxe esta o comercio Duarte). Ovidio Feijoo López, continua acrecentando a fama do negocio, posibilitando a sua viabilidade, e o seu fillo Ovidio Feijoo Feijoo,  continua a senda dos seus predecesores, pero neste caso facendo gala dunha imaxinación e vista pra os negocios, adiantada o seu tempo; poñendo en practica tecnicas de marketing e publicidade que perfectamente poderiase pensar que eran actuais.
Pero ese tema, e o seu tralsado a actual rúa Concordia no 1970, sera obxeto de outra entrada, na que agardo contar con datos facilitados por vos, e as correccions feitas por Don José Antonio Feijoo.