Consejos y avisos

5/2/11

Musica Medieval en Ourense

 Este xoves pasado, presentouse no Centro Cultural da Deputación, este Cd; sinceramente penso que e unha xoia, e pon o punto final a primeira parte dun extraordinario traballo de recuperación feito por Don Manuel Rey Olleros.
Fai uns cantos anos, o monxes do Mosteiro de Silos, permitiron que os profanos poideramos achegarnos a esta Musica, (vai con maiuscula, porque como dixo na presentación, o responsable da edición Carlos Nuñez Deza, a historia da musica comeza, eiqui). Co cal xa non e algo novo pra os nosos oídos, o que si e novo, e é de agradecer, e que hoxe poidamos escoitar estas obras que se recuperan dos Arquivos da nosa cidade e  provincia. 
Os libros poden resultar algo complexos pra xente pouco entendida no arte musical, pero o cd, resultado deses estudos, pon o alcance de todo o mundo, eses sonidos perdidos no tempo. Por fortuna e gracias a un grupo de estudiosos, apoiados polas institucions, Deputación, Concello e Xunta de Galicia, esta parte da nosa historia volve recobrar vida entre nos.
Pra que o traballo tivera a categoria que merece, pediuse a colaboración, o director Alberto Turco, quen co grupo Gregoriani Urbis Cantores, deron vida a este magnifico Cd, a grabación fixose no marco incomparable da basilica dei Santi XII Apostolli de Roma.   
Facedevos ca obra, e disfrutade destes sonidos, que invitan a calma, tan necesaria nestes tempos. 
Pola miña parte, quero tamén felicitar o profesor Don José María Alvarez, quen na presentación, foi quen de en breves palabras, e con pequenas estrofas cantadas, facernos entender un pouco millor alguna das caracteristicas deste estilo musical.

4/2/11

Os Maristas no Barco

A proba de que non son un historiador, revélase perfectamente nesta entrada, e algunha máis das que fixen dos Irmáns Maristas en Ourense.
Se revisades o blog, veredes que á marxe da pequena historia dos Maristas na cidade que aos poucos vou facendo, de cando en vez, douvos algún dato que considero novo.
Unha cousa é atopar un dato novo, ou ata dous, pero neste tema, xa son moitos os que foron aparecendo.

Nesta ocasión, trátase da referencia, ao intento de instalación no Barco, doutro colexio dos irmáns, o cal houbese sido o cuarto xunto cos da cidade, Ribadavia e  o Carballiño.
Conta don Gustavo Docampo Paradelo, No libro "Cen anos de O Barco nas fotos", (Concello do Barco, 1990); que no ano 1912 o párroco Pablo Salvadores Ferreruelo, conseguiu que os irmans Maristas contemplasen a posibilidade de abrir un colexio no Barco. Para iso trasládase á zona, o asistente xeral da orde. (Puidese ser o irmán Stratonique, quen consta que pasou por Ourense o 11 de abril de 1913, aínda que non coincidiría coas datas achegadas polo libro de Don Gustavo, segundo el, abril de 1914). Nesa visita, decídese a adquisición dunha leira para construír o colexio. Sería a coñecida por Calabagueiros.
O comezo da 1ª Guerra Mundial, paraliza momentaneamente, toda decisión investidora; ata que ao cabo duns anos, o párroco Don Pablo, recibe unha carta na que lle comunicaban a súa renuncia a continuar co proxecto.
A referencia publícaa o diario "El Sil" nº 15 de maio de 1956 P.T.Hervella: e di que desisten : 
“… a causa de las circunstancias actuales, de los propósitos que le habían animado a la compra de la “Granja de Calabagueiros”, para instalar un colegio…."
Como descoñecemos a data da carta, non nos atrevemos a relacionar o feito, cos acontecementos do 1918, en que como recordaredes a epidemia de gripe, paralizo practicamente a vida da provincia. Pero o cumulo de circunstancias acaecidas naqueles anos, imposibilitou a instalación dos irmáns na zona de Valdeorras.

3/2/11

Quen o lembra II

Fotografia propiedade de Dona  Elisa Gonzalez Pombar
Penso non equivocarme ao dicir, que a fotografía antiga é unha excepcional fonte de información; certo é que non todos os datos que achegan, teñen o mesmo nivel de interese, pero sen dúbida, son datos que non admiten discusión.
A fotografía de hoxe, é desas que me achegan novos datos, carentes de interese posiblemente para moitos dos lectores, pero necesarios para coñecer a historia recente da nosa cidade, e facer aflorar vellos recordos, sobre todo nos lectores de máis idade, que son os que teñen máis posibilidades de coñecer directamente o que se ve na imaxe.
A rúa de San Miguel, (Pixotaria, Rapagatos como queirades, á min particularmente, gústame o nome de Rapagatos), inicialmente chegaba desde a Praza do Ferro, ata Progreso, actualmente remata no cruzamento co Paseo. A parte de abaixo que é a que vemos na imaxe; actualmente só conta con dous negocios en funcionamento, "La Coruñesa" (daquelas confeitería), e a "Colchonería Ulloa". Como podedes comprobar na foto (mais ou menos dos anos 40), non foi sempre así; "La Coruñesa", é a única que pode presumir de manterse no mesmo lugar, (agora coma cafeteria, pero...), e o local da colchonería continua con actividade, aínda que naqueles tempos, era o "Restaurante Gelasio". O resto dos locais, hoxe pasaron a ser dependencias da Deputación, pero por aí estiveron "La Camisera", "Guante Varade", "Almacenes Baladrón", (había outro comercio da familia nos baixos dos xardinillos), "Calzados Vitan" (o último que pechou), e que eu saiba ningún mais, pero é posible que outra fotografía auméntenos o número.
Se tedes mais destas e mas enviades, agradeceriavolo

2/2/11

Judo ourensán

A historia do Judo, e penso que todolos deportes relacionados cas Artes Marciais en Ourense, poiderase decir que e moi recente. Eso sempre que consideremos que mais ou menos 50 anos e pouco.
Nos anos 60 (poida que un pouquiño antes) un grupo de ourensans, comezaron a practicar no Pavillon dos Remedios, este deporte; e case sen darse de conta, viron como tiña unha aceptación inesperada.
Manuel Montero Vidal, (o unico que eu saiba, que continua a sua relación co Judo; hoxe no ximnasio Marbel), Llamas, "Lolo" (Manuel Perez Lopez ), e algun mais que non cito por descoñecemento, colleronlle o gusto a este deporte, e non tardaron moito en dispor dun clube na cidade, O Banzai, que co tempo pasou a ser o Judo Club Ourense. Case que dende os comezos, tivemos practicantes de gran calidade, e na actualidad seguimos a ter un nivel mais que aceptable.
As fotografias son propiedade de Manuel Perez Lopez
O outro pilar da cidade nas artes marciais, foi o Coreano Lee Dong Kyu, quen dende o ano 1974, ensina TaeKwondo na cidade.
Como podedes ver, esta entrada e bastante pobre en datos, pero un pouco, e intencionado. Gustariame que o mestre Montero, o amigo Lolo, ou algún entendido no tema, botaran unha man, pra ampliar a información. O facer esta entrada teño unha escusa pra solicitarlles a sua axuda.

1/2/11

Enrique e Arturo Perez Serantes. Irmáns????


Como  en tantas ocasions, reclamo a vosa axuda, pra conseguir mais datos.
No meu arbol genealoxico, figura este señor que vedes na fotografía, tratase de Monseñor Enrique Perez Serantes (Bispo de Camaguey 1922, e Arzobispo de Santiago de Cuba 1948).
O caso e que o non ser ourensán de nacemento (naceu en Tuy), e que a sua relación ca nosa provincia, o marxe das suas raices familiares, (os seus pais se que eran Ourensans); dende a sua saida do seminario Ourensán, limitouse as frecuentes visitas que nos facia aproveitando os seus viaxes a Roma e outros destinos que por necesidades do seu cargo requerian a sua presencia. Non esta totalmente xustificada unha entrada adicada a sua persoa.
De todolos xeitos, gustariame que me axudarades, a aclarar, se Don Enrique, era irmán de Don Arturo Perez Serantes. Por extrano que poda parecer, non fun quen de atopar case que ningunha información, do que foi Presidente da Deputación Provincial, e Deputado nas Cortes.
E por outra banda as vellas grorias da miña familia paterna, lembran as visitas do Arzobispo, pero non teñen claro se don Arturo era o seu irmán.
De selo, Arturo seria o irmán maior, e teria nacido preto de Bande, onde a familia residiu nos primeiros anos, ata que se trasladou a Tuy, onde naceu Enrique. Os pais de Enrique, eran Agustin Perez, de Freixo, e Regina Serantes de Allariz. 
Como digo, seria moi factible, pero non teño datos confirmados, e gustariame sabelo.
Grazas por anticipado pola vosa colaboración.
Postos a pedir, gustariame que os irmans Maristas, botaranlle un ollo a esta fotografía, pra que me dixeran se iste irman Victor Lorenzo, que sae na fotografía con Monseñor, e o mesmo que tivo un gran protagonismo, no regreso dos irmáns, a nosa cidade. Tedes a fotografía e algun dato neste enlace fai click.
Se queredes saber mais datos de Monseñor Enrique Perez Serantes, visitade estes enlaces.
Fai click eiqui e eiqui