Consejos y avisos

3/2/11

Quen o lembra II

Fotografia propiedade de Dona  Elisa Gonzalez Pombar
Penso non equivocarme ao dicir, que a fotografía antiga é unha excepcional fonte de información; certo é que non todos os datos que achegan, teñen o mesmo nivel de interese, pero sen dúbida, son datos que non admiten discusión.
A fotografía de hoxe, é desas que me achegan novos datos, carentes de interese posiblemente para moitos dos lectores, pero necesarios para coñecer a historia recente da nosa cidade, e facer aflorar vellos recordos, sobre todo nos lectores de máis idade, que son os que teñen máis posibilidades de coñecer directamente o que se ve na imaxe.
A rúa de San Miguel, (Pixotaria, Rapagatos como queirades, á min particularmente, gústame o nome de Rapagatos), inicialmente chegaba desde a Praza do Ferro, ata Progreso, actualmente remata no cruzamento co Paseo. A parte de abaixo que é a que vemos na imaxe; actualmente só conta con dous negocios en funcionamento, "La Coruñesa" (daquelas confeitería), e a "Colchonería Ulloa". Como podedes comprobar na foto (mais ou menos dos anos 40), non foi sempre así; "La Coruñesa", é a única que pode presumir de manterse no mesmo lugar, (agora coma cafeteria, pero...), e o local da colchonería continua con actividade, aínda que naqueles tempos, era o "Restaurante Gelasio". O resto dos locais, hoxe pasaron a ser dependencias da Deputación, pero por aí estiveron "La Camisera", "Guante Varade", "Almacenes Baladrón", (había outro comercio da familia nos baixos dos xardinillos), "Calzados Vitan" (o último que pechou), e que eu saiba ningún mais, pero é posible que outra fotografía auméntenos o número.
Se tedes mais destas e mas enviades, agradeceriavolo

No hay comentarios: