Consejos y avisos

2/2/09

Que ninguén se confunda, isto non é política


Por casualidade este fin de semana fíxenme cunhas fotografías, dunha fábrica que non sei se recordaredes, os mozos, seguro que non, porque montouse na miña época (os 70) e o seu periplo, foi desgraciadamente moi curto.

Cervexas San Martin
Sen comentario, fíxeno oito veces, e non conseguín facelo amable, e iso vai en contra das normas que me impuxen no blog.
Só digo que: grazas a entre outros, a nós os ourensáns, tivo que pechar.
Recordades esta conversación "José Ramón........ ¡unha cervexa!, ehhh...... Que non sexa "San Martín"."
A botella e un agasallo do amigo Carrión, xogome o que sexa a que non esta chea.
Grazas Carrión.

1/2/09

Don José Gil (Fotógrafo) Progreso 73

Tiña desde fai bastante tempo unha fotografía deste artista, e teño buscado información sobre el, sen demasiada fortuna; a casualidade fixo que caia nas miñas mans outra obra deste artista, decidín publicala, para ver se alguén coñece algo sobre el, que me poida dar unha pista.
Eu o único que teño confirmado sobre el é pouco mais do que se pode ver no reverso das súas fotografías, Don José Gil, tiña o seu estudo no mesmo edificio que posteriormente ocupou "Foto Sanjurjo", ata é posible que o local fose o mesmo, aínda que de ser así era un estudo de reducidas dimensións, e non me encaixa co escenario que se presenta na fotografía que vos mostro.
O número 73 de Progreso actualmente 57, foi 67 e 73 (non me consta en que orde), por certo teño a impresión de que ese edificio a pesar da crise inmobiliaria, esta a piques de caer en mans da picaraña, iso ou alguén decidiu retirar o cartel que durante tanto anos adornou a súa entrada de "Foto Sanjurjo", (sempre existe a opción dos cacos ou vándalos, pero prefiro descartala).
A outra opción para o número 73 de Progreso é a da que foi no momento da súa construción a "Torre de Orense", 8 plantas, mais ático, entreplanta e baixo, que facía un total de 11 plantas, onde hoxe esta o City Bank (enfronte do centro cultural da Deputación), no edificio que ocupaba ese espazo, puidese ser que estivese don José Gil, (é certo que non se se por casualidade, na entreplanta da "Torre", tiña tamén un local "Foto Sanjurjo").
Outro detalle que se deduce pola fotografía que vos mostro , é que a Don José gustáballe traballar con nenos, (iso ou tiña moita paciencia), como mostra o texto que el mesmo escribiu nela "Que lo pase muy feliz con toda esta xentiña, Su amigo El Fotógrafo", (a ver se vai ser unha ironía?).
O redor d0 1905, coido, pola idade dos retratados.

Mudando de tema

Igrexia.
Para mudar de tema, aquí tráiovos unha fotografía, que me garantiron que é Ourensá, pero eu non consigo situar, se alguén recoñece a igrexa e dimo, agradézollo.
A imaxe é evidente que presenta a Galicia dos 50, mais que nada porque tanto gando porcino nunha feira rural era difícil de atopalo na década anterior, quen pillase un gorrino deses, para invitalo a comer, e a cear se el quere!.
Si señor debe ser a Igrexa de Trives. Tedelo no comentario, e chegou tamen un "economo"

O colexio do Manolo

Manolo.
Fotografía cedida por Don Jose Guillermo Alvarez Prada (Mito)
O titulo necesita explicación, o amigo Manuel (traballador da Deputación), pediume algunha fotografía na que se vise o seu antigo colexio
Detrás deses deportistas (alumnos de Maristas no ano 69), un pouco tapado pola bandeira tamén é certo, vese o edificio da esquina onde hoxe esta unha sección do Otero Pedrayo, anteriormente o edificio albergaba aos alumnos do Colexio Publico Irmáns Villar, onde impartían coñecementos profesores como Don Antonio "Pucho", Don Antonio Pazos, Dona Luz, a súa filla Mari Carmen Abellá etc.
Do colexio que alí había con anterioridade o Irmans Villar, espero que Don Manuel teña a ben ilustrarnos.

En agradecemento a Xose Lois Carrión

Sen dúbida esta entrada pódevos resultar repetitiva, pero non se me ocorreu mellor xeito de agradecerlle ao amigo Carrión, xa non só, o prestarme fotografías do seu avó Leuter Salgado, senón tamén a súa rapidez identificando aos seus compañeiros de estudos.
Se a el parécelle oportuno, que nos axude a identificalos, eu podo adiantarvos que aí están, el como é lóxico (3º da 2ª pola esquerda con lentes), e varios que xa son vellos coñecidos doutras fotografías, Nogueiras (debaixo de Carrión 3º da 3ª), e algún novo para min (creo que Adrian Dacunha é o 6º da 2º pola esquerda).
Bo como digo ao principio, o motivo da entrada é de agradecemento a Xosé Lois Carrión, co cal o de identificalos déixovolo a vós.
Grazas Xosé Lois.
Por certo se sae Marcos Valcárcel, que non o recoñezo nela, pois vaia tamén un anaco de agradecemento para el.
Non esperaba menos, aquí tedes a relación de alumnos, remitida por Xosé Lois Carrión.

"Vaiamos por partes: a foto corresponde a 4º de bacharelato, xuño de 1973.
Digo xuño porque nese mes era cando, coincidindo coas festas do colexio en lembranza do fundador, o ‘frère Champagnat’, nos tiraban a foto lembranza de curso.
Douche as grazas sinceramente polo detalle, pero coido que non hai que agradecer nada.
As cousas fanse ou non se fan. Eu colaboro no que podo no teu traballo. Mágoa que os anos pasados impidan que lembre o nome de todos os compañeiros. Dos que si lembro, de esquerda a dereita, de arriba a abaixo, son:
1.- 1-José Luis Ventín Sánchez, 2- Alejandro, 3- Mena, 4- ?, 5- Babarro, 6- Moretón, 7- José Manuel Estévez ‘Josechu’, 8- Del Río, 9- Boente, 10 -?, 11- ?.
2.- 1- ?. 2- ?, 3- Eu, 4- ?, 5-‘Queixo’, 6- Adrián Da Cunha, 7 –Alejandro Delgado, 8- Jose Garcia Gallo, 9-?, 10- ?, 11- ?, 12- ?, 13- ?.
3.- Gregorio Bueno Murga, 2- Vicente Nieto, 3- Nogueira, 4- ?, 5- ?, 6- Jesús Heredero del Campo, 7- ?, 8-?, 9- Blanco, 10-‘Rizos’, 11- ?, 12- ?.
4.- 1- ?, 2- Cañizo, 3- ?, 4- ?, 5- Cabezas, 6- Casado, 7- Nogueiras, 8- Bermejo, 9- Suso Suárez, 10- Rivera, 11- Canal, 12- Da Coba, 13- Font.
Pasareille a foto a un amigo que aparece nela para ver se lembra máis nomes.
Deica sempre.
Saúde."
Grazas de novo Xosé Lois.
En bermello achegas de Jose Luis Pombar Cendon.