Consejos y avisos

15/1/09

O Claustro de San Francisco

Vergoña propia e allea é o que sentín esta mañá ao ler o artigo sobre o comezo das obras de Salvación? do claustro de San Francisco; que se teña que recorrer a unha orde xudicial, para evitar que se perda algo tan importante do noso patrimonio é lamentable, por non falar do estado ao que se lle deixou chegar.
Estupefacto quédome cando aínda encima leo que se recoñece que non está inventariado todo o material que alí se atopaba, que quere iso dicir, se alguén se achega por alí, pode levar unhas piedriñas das que están polo chan?, polas fotografías que ven na prensa parece que ata algunha columna esta por os chans.
Por se vale de algo aquí esta unha fotografía (poreivos mais), na que se ve a preciosa e valiosa cristaleira, que estaba? na porta que no período militar do claustro (que tamén fixo a mili, e moi longa), recibía ás visitas.
Se alguén recoñece a eses cabaleiros que mo diga, na fotografía roldaban a trintena.

Ribadavia no Tempo I

Fotografía facilitada por Don Roberto Villar
A estas alturas xa notariades que as fotos escolares ou de grupo, son das que máis me gusta mostrarvos, o motivo é que cunha soa fotografía preséntovos a un gran número de ourensáns, (será por comodidade).
Esta corresponde aos infantes que na década dos 40 estudaban e corrían os seus aros por Ribadavia.
Confirmanme que se trata do Colexio "Academus" de Ribadavia, posiblemente no ano 1942.
Grazas

14/1/09

Xullo Prieto Nespereira (1896-1991)

Naceu en Ourense o 7 de decembro de 1896 na Rúa dá Porta dá Aíra, (Reina Vitoria), que hoxe leva o seu nome, comezou a súa carreira como pintor, pero o recoñecemento veulle polo gravado, técnica na que destaco a nivel internacional, colaborou coas revistas "Nós" e "Alfar" en Galicia, e a nivel nacional con "Blanco y Negro" e "La Billarda".
Foi obxecto de numerosos recoñecementos e premios á súa obra, e aínda que de xeito tardío, en Ourense (o máis difícil é triunfar na túa terra), recoñecéuselle o seu traballo nomeándoo fillo adoptivo da cidade, póndolle o seu nome á rúa que o viu nacer e mesmo a un Instituo E.S. no barrio da Ponte.
Contemporáneo de homes como Risco e Otero mantivo unha moi boa relación con eles, froito dela é a caricatura por el realizada a Don Vicente Risco, e a biografía sobre Don Xullo que Don Ramón escribiu.
Froito do seu amor pola música aos 23 anos, dunha reunión en "Vila Joaquina" (Avda. de Zamora), cos seus amigos Xabier Prado Lameiro, Virxilio Fernández, Fabriciano Iglesias Abella e Cesareo Eire Santalla, prodúcese a creación do Coro de Ruada (Coral dá Ruada) era o 5 de Outubro de 1918 pouco despois constituiríase a primeira xunta de goberno na que figuraban nomes como Risco, *Xesta, Lameiro e Antonio Saco e Arce.
Boceto publicado na revista "La Billarda", e caricatura definitiva de D. Vicente Risco

Gravado da colección de Caixa Nova (Os soportais da Praza do Pescado, hoxe das Damas)
Hai pouco, grazas o acordo entre a súa filla Dona Esther Prieto, o Alcalde da cidade Don Francisco Rodríguez e o Presidente da Deputación Don José Luís Baltar. Abriuse unha sala permanente no museo municipal que acolle parte da súa obra e recordos.

13/1/09

A alameda do Crucero

Alameda

A fotografía pertence á colección particular de Don Antonio Cid Miranda (Cándido)
Esta fotografía si que require unha detallada observación, non tanto polo lugar, (que tamén ofrece unha imaxe singular ), se non polos personaxes que a poboan, fíxense nesa doncela de casa ben, (imaxínomo pola "cofia" que gasta); a panadeira que empuxa o seu carriño cargado de pezas de quilo, e algunha barra que se empezaban a pór de moda na cidade; os paisanos, que veñen de charla, empuxando a bicicleta, (nótase que ese tramo aínda que suave, é en subida).
Pero o mellor de todo é que van polo medio e medio da rúa, e a presenza dun flamante automóbil, nin os inmuta, (intentade facelo hoxe).
A zona xa a recoñeceriades, é o comezo da rúa Progreso debaixo da alameda do Cruceiro, (parque infantil), estábase procedendo ao desterro non se se para comezar as obras do Palacio de Xustiza, ou para iniciar a apertura da hoxe praza de Concepción Arenal.
Para non equivocarme datareina entre finais dos 50 e comezos dos 60.

12/1/09

Cidade escolar na Ponte

No momento en que se decidiu a construción da nova estación de ferrocarril "Ourense Empalme", comezou a procura de ideas para utilizar os terreos que quedaban libres na entrada do barrio, onde estaba a anterior estación.

Finalmente optouse polo ambicioso e moi necesario proxecto dunha "Cidade Escolar".

Primeiro dos deseños feitos, para a cidade escolar, observamos como a idea inicial era continuar cara a onde hoxe se atopa o parque da ponte, o custo e ata a magnitude da obra en canto a espazo lonxitudinal, fixo desestimar esta continuación.
O mesmo deseño, visto desde a entrada do actual instituto "Blanco Amor", con moitas reformas, pero esta parte foi a que finalmente levouse a cabo.

Deseño parcial, da escola Anexa ou Normal, levouse a cabo de xeito fiel ao deseño.

Foi un dos primeiros edificios en formar a cidade escolar, debido posiblemente á urxente necesidade de espazo para cubrir a demanda dos novos mestres, na súa anterior localización da rúa Progreso o espazo era manifestamente insuficiente.

O colexio de formación profesional 12 de outubro