Volvo hoxe sobre este arquivo que a Comunidade de Madrid
me autorizou a difundir. (e me descubriu a amiga Marisa Rey)
É obra do fotógrafo húngaro (español naturalizado) Nicolás
Müller e como xa sabedes, visitou en varias ocasións Galicia e Ourense en
particular. Son unhas vinte imaxes que nos deixou, e aínda que non son
excesivamente antigas, xa que creo que as primeiras foron feitas nos últimos
momentos dos 40 ou principios dos 50. Teñen un
particular encanto
Hoxe mostrovos unha das que máis me gustan. Supoño que polo
carácter representativo dese Ourense.
A Fonte Nova presenta o seu aspecto "Case"
orixinal, sen pía nin escaleiras. O pavimento empedrado, como vedes, era unha
tortura, todo cheo de irregularidades e buratos onde seguramente máis dunha vez
os nosos avós torcían os nocellos e algún debeu romper a Crisma...
Porén, o que máis me gusta é a leiteira con ese garbo.
Sempre me pareceu que eran malabaristas, como se non podían levar a cantara na
cachola con soltura. Aínda cando descubro que levaban a rolla na cabeza para
darlle estabilidade ao xerro, segue sendo moi difícil. Pois asegúrovos que en
ocasións vin a alguén coa cabeza “ocupada” ca leite, e as mans levando un
cesto. Pura arte das nosas avoas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario