Consejos y avisos

16/4/12

Cincuenta e mais

Xa que cheguei tarde pra daros conta das conferencias que a semana pasada tiveron lugar co gallo das celebracions do cincuentenario da Inauguracion da Iglesia de Fatima, desta vez non quero que pase o mismo, e recen inaugurada, xa vos aviso que podedes ir visitar esta exposición, no salón parroquial Don Xose, na propia parroquia de Fatima. Tedes ata o día 8 de maio, xa que logo teñen que deixar espazo pra preparar semana da Virxe, que iste ano pode ser espectacular. A traves de mais ou menos vinte paneis fotograficos, cas suas correspondentes explicacions, poderedes facer un percorrido polas imaxes destes cincuenta anos de andadura da Parroquia no barrio do Couto.    Imaxes das obras; das primeiras celebracions, moitas delas anteriores a inauguracion oficial, e moitas imaxes de homes e mulleres, que son os que dan vida as pedras do Santuario.
Dende este sabado, tedes as portas da exposicion abertas, pasade vos por alí.
.
Na exposicion veredes imaxes orixinais da construccion do templo, coma esta.
E como non, moitas referencias o home que puso todo o seu empeño en ocnseguir non soo a construccion dun templo, se non tamen darlle vida entre os veciños do barrio, e o resto dos Ourensanos. Don José Alvarez.

No hay comentarios: