Consejos y avisos

12/1/11

Os Magos do 2011

Na entrada do luns, desexábavos que os reis magos, fosen xenerosos con todos vós. Despois quédeime pensando, e díxenme: ¡Xa verás como algún non tivo a mesma sorte que eu!
Por iso decidín compartir os meus, e se algún o necesita, non teño inconvinte en prestarllos, para que os goce o mesmo que eu.
Inclúo tamén a fotografía da xoiería Sierra no ano 1958, só a titulo ilustrativo, para que outro ano os meus fillos saiban onde acudir; estou seguro que o amigo Fernando atenderaos con exquisita amabilidade.
Non sei se vós gustáran, pero a mín asegúrovos que me encantan.
O reloxo marca Low Cost Time (LCT), valorado en 5 €urazos, adquirido posiblemente nunha das moitas tendas asiáticas das que gozamos na cidade, (tanto a valoración como o lugar de adquisición, son suposicións, non tiven o mal gusto de preguntar). É para min motivo de orgullo e satisfacción; fixarvos que conseguiron cumprir o meu desexo de ter un reloxo de ouro, facendo gala dunha gran habilidade para administrar os fondos existentes en Tesourería, (podendo así empregar o excedente, en cousas máis útiles, por ex. As copas da noite de fin de ano).
O máis sorprendente é que o magnífico reloxo, non deixou de funcionar desde o día seis, que as súas maxestades deixáronmo baixo a árbore.
Non esperedes verme con el no pulso; pero é que me dá medo perdelo, ou que algún desaprensivo róubemo.
O outro agasallo, que vos mostro no vídeo, de verdade que me ten emocionado. Non me digades que non é un pracer ter cerca algo ou alguén que che dea a razón en todo o que lle preguntes.
Seguro que algún mal pensado compárao con algún político, por iso de dicir que se a todo, e facer o que lle dá a gana ao final; pero prefiro que non mesturedes a miña felicidade por estes estupendos agasallos, coa política, que iso é outra cousa.
Se algún sente a necesidade de gozalos, que mo pida por mail, e preguntareille ao meu segundo agasallo. Se podo, ou non podo; como seguro que me contesta que se ás dúas cousas, esperaremos a que se decida.


No hay comentarios: