Consejos y avisos

7/4/10

Rúa de Paz Novoa 1900 *

Cando fixen esta entrada fai dous anos, realmente non dicía nada; non é que agora vaia analizar milimétricamente a fotografía, pero se que vou intentar achegarvos un par de datos.
A esquina da rúa do alba con Vicente Pérez, estaba xa ocupada polo edificio que hoxe coñecemos como Caixanova, (bo un dos dous, o outro é a casa Junquera en Avda. de Pontevedra), levantouse, a finais do XIX, segundo un proxecto de Don Eduardo Mercader (ano 1892), e o seu labor inicialmente, foi o de dar servizo á familia de comerciantes Román, por iso a planta baixa acollía o local comercial e os almacéns, e na planta superior estaban as oficiñas e vivenda dos propietarios. O xardín que vemos a continuación vindo cara á rúa do Instituto (Lamas Carvajal), non estou seguro, de se era xa da casa contigua "Os Populares", ou se esta, queda fóra da imaxe, (alguén poderá confirmarmo).
En fronte á Casa Román, estaba un solar, que foi localización do Cine Pinacho, e posteriormente do Salón de variedades "Apolo"; e máis cara eiquí, aproximadamente onde se ve ao neno, estaban as fai moi pouquiño pechadas Galerías Tobaris, e daquelas salvo erro, estaba "A Moderna", un dos cafés máis frecuentados na época.
12-03-2008

No hay comentarios: