Consejos y avisos

26/3/10

A construcción do Cisneros

Estoume a decatar, que estes días, ca falta de tempo, e as presas, as entradas non son do meu agrado, no que atinxe os comentarios.
Dandolle voltas o tema, decidín, que dende o día vintesete (27 de Marzo), ata o cinco do mes que ven (5 de abril),non vou publicar entradas, xa que vaime ser imposible adiantalas, e vou estar sen acceso a internet.
Pidovos desculpas os que visitades o blog, (sobre todo os que o fan a diario, que son quen mais o vai notar).
Deiqui o venres, tentarei recompensarvos cunhas cantas imaxes, que penso son orixinais; as veces non vos van sorprender, xa que imaxes semellantes son moi coñecidas, outras de seguro que o amigo Candido, (un dos lectores mais esixentes, que teño), vai ter unha agradable sorpresa, pola novidade; sexa do xeito que sexa, podo garantirvos, que todas estas fotografías poucos privilexiados teñen acceso a elas.
Non descarto recuperar algunha, ou poida que todas, para facerlle unha entrada do meu gusto, que agardo sexa o voso.
A de hoxe non ten comentario, terei que facer algún día unha cronica das andanzas do amigo Luis, e os seus camaradas, neses dificiles anos do comezo do colexio nesta ubicación.
O texto durante esta semana vai ser similar todos os días. Se escribo algo diferente, poreinno en letra doutro color pra que non perdades tempo.
Pídovos desculpas de novo, e ata o día cinco, que espero recuperar o ritmo habitual.
Pdta. tamén tedes a opción de darme a sorpresa, de tentar redactar vos a entrada dalgunha das imaxes, eu estaria encantado de publicalas tan pronto mas enviedes por mail.

No hay comentarios: