Consejos y avisos

8/8/09

A Rúa Velazquez

Xa non vos vou preguntar se sabedes que rúa e ista, porque volo estou a decir no título, a rúa Velazquez.
Dende logo non e das mais coñecidas, da cidade, pero ainda así, tivo e ten os seus acolitos; ata os anos sesenta, non poido gozar de asfaltado, ou millor dito, adoquinado, certo e que non era moi necesario, daquelas na rúa o atractivo principal era a serreria, e as caballerias e os camions que se acercaban por alí non tiñan moitos problemas en rodar por elas; a partir daquelas, comenzou a sua etapa de esplendor, e os poucos, e ca apertura de bares e bodegas, chegou a converterse, no que se chamaba os "viños do couto", as tardes de partido non eran poucos os ourensans, que pra celebrar o resultado do partido, (ou pra olvidalo o antes posible), quedaban a tomar uns viños na rúa, aínda hay quen lembra as empanadillas do Padre Pitillo, os chicharrons e as necoras do Entrimo, o xamon asado do...., (non quero deixar a ninguen sen nombrar, co cal deixoo eiqui), o que si recordan todolos parroquianos da epoca, era o bo viño de Alongos que servian en todolos negocios.
Grazas o amigo Suso Espada por deixarme estas fotografias.

No hay comentarios: