s
Fai uns días (9-11-08) o profesor Marcos Valcarcel, na súa columna dominical "A Mirada Retida" do diario "La Región", regalounos con esta preciosa imaxe; supoño que debido ás limitacións de espazo no diario, non se estendeu na explicación, sen animo de corrixir nada do dito por el, (que non podería), tentarei ampliar algún dato.
O Articulo do Profesor:
"A foto debe ser de 1953, segundo nos informa Xesús G. Tobío, quen nos achega esta imaxe.
O lugar é ben recoñecible, aínda que cambiaron algunhas cousas: a rúa do Paseo, xa preto do parque de San Lázaro.
Velaí, en primeiro plano, á dereita, o edificio que foi Círculo Católico e que remataría como sede do Goberno Militar.
Máis adiante o Banco de España e moitas casas que permanecen aínda.
Desapareceron varios chalés da rúa, como o chalé Losada, onde hoxe se ergue o edificio Viacambre, este xa dos anos 70.
A imaxe ampliada no ordenador permite mesmo recoñecer pequenos anuncios como a delegación da casa Ford ou esa xastrería que ofrecía “Pañería de alta calidad”.
Daquela, anos 50, a rúa xa levaba o nome de José Antonio Primo de Rivera, o fundador da Falange, imposto en 1937; antes fora rúa de Fermín Galán, nos anos republicanos, e antes aínda, de Vicente Pérez, o deputado liberal.
Case non había coches (un camión, ó fondo) e polas vestimentas podía ser un día de primavera ou verán cos cativos cos seus pantalóns ata os xeonllos. Que slogan poñería aquela pancarta no medio da rúa? E quen o sabe xa...! "
O edificio da actual "Delegación de Defensa", foi auspiciado polo Bispo, coa pretensión de dar acubillo a sacerdotes enfermos e sen familia, pero por diversas circunstancias, en 1903 convértese na sede do "Circulo Católico de Obreiros",(institución con funcionamento similar ao dun sindicato, en canto á súa actividade formativa e educativa, promovida en primeira instancia polo bispo Carrascosa e un grupo de empresarios, penso que se podría chamar un sindicato "Conservador").
No 1908 froito dun acordo entre o Bispo Illundain e os Irmáns Maristas convertese no primeiro colexio Maristas "Los Santos Anxos", durante un curto período no 1918, foi utilizado como hospital de urxencia, fronte á epidemia gripal que se padeceu nese ano, volveu a acoller aos alumnos Maristas durante outro período, ata que no ano 32 abandonan definitivamente o edificio, e temporalmente a cidade.
Foi despois Goberno Militar, e hoxe Delegación de Defensa.
O edificio contiguo, que ocupaba os terreos hoxe do edificio do Banco Santander, era o "Refuxio do Sagrado Corazón", no que segundo creo formabanse as novicias do Divino Mestre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario