Fotografía Pacheco (Propiedade Arquivo Municipal)
Este é o "Crux" da Rúa Paseo ca da Concordia, noutra época Hospicio e Estrada de Trives con Vicente Perez e Paz Novoa.
É un punto no que concorrían, varias iconas da cidade, podemos ver unha pequena "fabrica" de castañas asadas, xunto coas Burgas e o afiador unha das nosas marcas de identidade, aí estaban tamén os espellos dobrados da cristalería "Moderna" (non o se certo), onde os nosos maiores ían ver os seus corpos deformados polo efecto óptico, e rirse a gusto uns doutros, e aí reparábanse tamén os primeiros coches da época, era o taller da "Chevrolet" (pena de Fachada).
Para que non falte de nada, aí temos ao noso garda urbano, el aconsellábanos e axudaba a cruzar sen risco, pero os nenos coa súa crueldade infantil, ríanse da súa "bacinilla" (que seguro que lle facía ferver o seso); no "crux" de abaixo, Progreso con Concordia, para protexelos, e ao mesmo tempo realzar a súa autoridade, ata se lles constrúo un púlpito desde o que parecían almirantes o fronte da flota.
Desta localización podedes ver outra foto mais abaixo.
Grazas Freire e Leo por sacarme do erro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario