Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

28/5/10

I Festa Bela Auria

Xa está todo preparado para celebrar, a primeira festa a Bela Auria.

O domingo co permiso da autoridade, e faga o tempo que faga, (aínda que se anuncia bo e posiblemente caloroso), nos xardíns do Posío, e a súa contorna, celebraremos a festa A Bela Auria.

O programa está repleto de actividades, interesantes, que coa vosa concorrencia, serán esplendorosas. Música, xogos, cine, arqueoloxía, esgrima, conferencias, fotografía, todo un abanico de posibilidades, que farán que este domingo podades divertirvos, recreando o Ourense de principios do Século XX.

Nas fotografías que me deixa Norberto Tabares, podedes ver tres dos modelos, que esperamos ver en directo o domingo; eses dous cabaleiros e esa damisela, estamos seguros de que no seu tempo, gozaban correteando polo paseo central do Posío, ou gozando do frescor da herba na zona do bosque, mentres a dama, que se vos fixades tamén aparece (oculta polo máis pequeno dos infantes, xa que estaba velando pola integridade deste), na fotografía, contemplaba as raras especies que se cultivaban no botánico.
E nesta outra a elegante señorita, que presume co seu aro; eu non teño claro que soubese usalo, pero de seguro que intentaba correr detrás del.
Esperámosvos o domingo en "A Bela Auria"

No hay comentarios: