Consejos y avisos

26/5/10

Cine Ourensán

Sabedes que me encanta, navegar pola historia de Ourense e descubrir os feitos e as persoas que marcaron o noso pasado.
Toda esa historia, por fortuna non ten data de caducidade, e día a día continúa escribíndose.
Así como nas letras, podemos presumir de ter un grupo de excelentes representantes; nas artes visuais, o elenco é moito máis escaso.
Falar de cinema en Ourense, á marxe de honrosas e excelentes excepcións como as de Antonio Román e Carlos Velo, sempre foi un tema de conversación curto; no que se falaba mais de exhibidores, BarbaGelatta, Samaniego, Losada, Xesteira etc, que de películas. Descoñezo as causas desa escaseza, pero non creo difícil supolas, dado que medios humanos había; para confirmalo basta lembrar, que Don José Gil, autor da primeira película galega "Mis Ledya", tivo na cidade posiblemente as súas primeiras incursións no mundo do celuloide, mentres mantiña o seu estudo fotográfico na rúa Progreso, e posteriormente na fotográfica rúa da Alba.
Sentado pois que non é por falta de medios humanos, temos que pensar que foron os económicos, os culpables desa falta de produción cinematografica en Ourense. De feito temos tamén o dato, de que os citados Román e Velo, desenvolveron a súa carreira cinematográfica desde Madrid e Méjico respectivamente.
O tema de hoxe, é que algo está a cambiar.
Desde que comezou a rodar a escola de audiovisuais do CIFP A Farixa, e a pesares de continuar sendo escasas as axudas económicas, o abaratamento dos equipos, pero sobre todo, a ilusión e esforzo de alumnos e profesorado do centro, permitiron que vexan a luz os primeiros froitos.
As imaxes que acompañan o texto, son as caratulas dos dous primeiros curtos que saíron desa factoría, non me atrevo a xulgalos, non son quen. Con todo podo darvos a miña opinión de espectador, ENCANTÁRONME; por unha banda sorprendeume a calidade técnica, por outro a orixinalidade dos guións; en canto aos actores, só felicitalos, en especial ao meu amigo Ernesto Ferro, quen fai unha pequena colaboración en "Instalación".
Por certo, só a modo de idea, non se podería aproveitar a memoria e lucidez de Don Ernesto, para outro curto. Sería un "Instalacións II", incrible, asegúrovolo.
O mellor de todo, é que xa nos anuncian a próxima saída doutras dúas obras, que agardamos con interese.
Podedes obter máis información do traballo deste colectivo, facendo clic nesta ligazón. Farixa Audiovisual
Se me autorizan poreivos nunha entrada algún anaco destas obras, vanvos gustar.

No hay comentarios: