Consejos y avisos

7/6/11

A vida dun edificio

Esta fotografía puidechela ollar na exposición Ourense un século de fotografía no Museo Municipal.
A entrada de hoxe, polo que me decides nos vosos mails, son das que mais vos gusta ver. Tratase do que poderiamos chamar, "Arquitectura perdida", edificios, elementos urbanos, estructuras, que co tempo foron mudando, e na maioria dos casos remataron por desaparecer.
Non estou capacitado, pra facer un estudio riguroso do tema, nin polo de agora teño tempo pra pensalo, así que ca idea de que alguén se anime a facelo (oido Don Candido), este de hoxe, poderia ser un dos edificios a estudar, e seguro que os datos precisos atoparanse con certa facilidad no Arquivo Municipal, e ou no Arquivo Historico, (en calquera dos dous teredes a magnifica colaboración do seu persoal).
Na rúa do Paseo, daquelas Vicente Perez, veu o mundo mais ou menos no ano 1908, un pequeno edificio dunha planta, cunha entrada retranqueada que deixaba lugar a facer un fermoso xardinciño, e unha estupenda finca na traseira. A sua principal caracteristica estetica era o adorno que tiña na sua fachada, na que campaban dous leons que debian estar enfadados un co outro, xa que dabanse as costas. Se
Foron os seus primeiros ocupantes, os ourensans que se achegaban o Circulo Catolico de Obreros, pra millorar a a sua formacion principalmente, e o padriño da casa e a institución, era o noso Bispado.
Os seus veciños, por un casual, foron os Irmans Maristas, que ocupaban o actual edificio da Delegación de Defensa; (edificio irman do noso protagonista, que tivo mais fortuna e ainda hoxe segue a envellecer entre nos).
A necesidad de espazo, fixo que o pequeno tivera que pegar un estirón e como e normal tamén creceu o ancho, (realmente cara atras), e así foi como nunha data que descoñezo, levantaronse os leons do sitio, aumentaronselle duas álturas, e de novo puseron no seu sitio os animaliños, foi un momento de gloria pra estes, xa que dende as alturas, tiñan unha vista moito millor da rúa, eso si, un cara a esquerda e outro a direita. (o seu irman do lado, que nacera con vocación de ter tres álturas, o final tivo que conformarse cas que ten hoxe, e viuse superado polo pequeno).
Logo viñeron os seus últimos anos entre nos, que os pasou, cunhas "muletas" que lle axudaron a sobrevivir  a voraxine dos cambios da cidade.
Pero o seu final xa estaba cerca, e tivo que dar paso o monstruo que hoxe ocupa o seu lugar. Idesme disculpar que non poña a imaxen actual, pero e que esteticamente, non encaixa ben cas fotografías antigas, (non pensedes que existe outro motivo, sabedes que sou consciente que o progreso e necesario e leva aparellado estas perdas. A mais ese non e precisamente o peor dos edificios que temos nesa rúa).

Os datos de fechas, propietarios e ocupantes, como vos dixen penso que unha visita os arquivos da cidade, seria bastante pra conseguilos, así que algun  que se anime, eu poño o blog a disposición dos que queiran profundizar neses temas.
Aproveito tamen pra dar as mais afectuosas grazas, a congregación do "Divino Maestro",nas persoas da Madre Maria Isaura, e a Irmán Rogelia, polo trato recibido, e a sua amabilidade o deixarme acceder o seu arquivo fotografico. A el pertenzen as duas fotografías que acompañan a do Arquivo Municipal.
Moitisimas grazas.

6/6/11

Heraclio Perez Placer

A miña intención era falarvos deste cabaleiro a semana pasada, pra que acompañara o seu amigo Francisco Alvarez de Novoa, pero foime imposible.
A biografía de don Heraclio, así como a sua obra, teñen sido moi pouco tratadas durante todo este tempo, e quitando o libro: Obra narrativa en galego de Heraclio Perez Placer, da serie Narrativa recuperada.ano 1998. (edita Xunta de Galicia, e centro Ramon Piñeiro para a investigación en humanidades). Non dín atopado ningunha referencia; ese feito obriga a repasar como no caso do seu amigo Francisco Alvarez de Novoa, a prensa local daqueles anos, onde podemos atopar gran cantidad de colaboracions; por fortuna tamén teño na miña biblioteca un exemplar de Veira do Lar Ed José Gali Santiago 1901(así figura no exemplar o titulo, noutras fontes escribeno Beira), que foi o que me permeteu descubrir o escritor.
Naceu don Heraclio o ano 1866 na Praza do Olmo (hoxe Saco e Arce); -os editores de Veira do lar, erroneamente como demostra o libro da serie Narrativa Recuperada citan o ano 1869 como o do seu nacemento-. O seu pai era avogado, e xa viña dunha familia de boa posición.
Comezou a sua vida estudiantil, no instituto ca fortuna de contar entre os seus mestres, a Don Juan Antonio Saco y Arce; logo consta que algun curso fixoo fora da cidade (Avila e Toledo?), pero rematou o bacharelato na nosa cidade. O seguinte paso, foi estudar a carreira de Medeciña, que rematou en Santiago, logo de facer como no bacharelato algun desplazamiento; neste caso citase Valladolid.
Pra non estendernos, situaremolo en Ourense, xa casado e ca sua consulta aberta no ano 1894.
A sua traxectoria literaria, comezou no ano 1886, da mán de Don Valentín Lamas Carvajal, quen publicou no Tio Marcos da Portela, moitos dos relatos que logo en conxunto viron a luz en libros como Contos Lendas e Tradicións, e Veira do Lar. O ano 1887 publica a sua primeira novela Prediuccion, e comeza a colaborar con cabeceras, como o Album Literario, Gaceta de Galicia, El Diario de Orense, El Derecho, As Burgas etc. 
No medio vira o desencontro con Lamas Carvajal, que quedou reflexado, nos articulos publicados por un e outro na prensa do tempo. Este desencontro, e o aparente e supostamente caracter polemista de Don Heraclio, que o levou a enfrontarse con moitos dos seus coetaneos, posiblemente teñan algo que ver cas escasas citas que tanto del como do seu amigo Francisco Alvarez, podemos atopar.
Continuara......
Como apuntei esoutro día na entrada de Alvarez de Novoa, se tedes algun libro, ou información destes dous periodistas, agradeceriavos que me deixarades botarlle un ollo.

5/6/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XV)


Esta fotografía que nos deixou a amiga Ana, reflicte a parte amable da vida dos emigrantes.
Historias da emigración raro e o ourensán que non pode contar algunha. Son historias no seu comezo tristes, polo que supuseron de deixar atras a familia, a terra, e en moitos casos as ilusions; algunhos foron capaces de sair adiante, e ahí estan os nomes de triunfadores na emigración. Loxicamente non todos tiveron a misma fortuna; quero pensar que a gran maioria lograron ter unha vida digna, ainda que outros non tiveron a mesma sorte.
A todos eles, os que non marcharon, teñen a obriga de agradecerlles o seu esforzo, e a sua axuda, que dende os paises de acollida enviaron a unha terra que daquelas estaba moi necesitada.
Nos últimos tempos, tiven a fortuna de poder coñecer a historia de dous deses ourensans, que marcharon, naqueles anos 50, un cara America, e outro o paraiso Suizo; os dous eran traballadores incansables, hoxe falariamos deles como "emprendedores" -non descarto falarvos en mais ocasions deles, porque de certo que as suas vivencias merecen a pena de ser recordadas-.
Pero deixareime por hoxe de "contos", e direivos o que mostra a fotografía.
Pepe un deses emigrantes, chegou a America, cunha pequena maleta e unha maquina de coser debaixo do brazo, pensaba que tiña xa un traballo asegurado, pero o baixar do barco atopouse soó, e sin saber que facer. O primeiro día durmiu entre as mercadurias do porto, o día seguinte pusose en marcha e en pouco tempo pudo xa dormir nunha pensión; a maquina de coser e as suas máns, foron a sua primeira arma de traballo, co tempo moito esforzo e algun sufrimento foi mellorando e comezou a ter unha vida holgada; así foi que chegou o momento de poder permitirse unhas vacacions. Ese e o momento que recolle a camara, o primeiro retorno do meu amigo "Pepe"; logo voltou pra seguir traballando, pero xa na sua mente estaba o desexo de retornar a sua terra, e ese día chegou, pero esa e outra historia.....
Outro día o millor falovos de Manolo; os nomes asegurovos que e unha casualidad que coincidan cos que o cine fixo habituais nos nosos emigrantes,  pero son os reais.

4/6/11

O A.v.O. nos medios. (La Región XIV)

A fotografía escolar, e unha das mais "gustosas" de ver co paso do tempo. Si son de grupo, porque nelas recoñeces amigos, que as veces a vida levou por outros derroteros, e fai tempo que non ves; as historicas porque permiten ver unha imaxen diferente de bisavós, avós, e mesmo persoeiros da cidade, que como non, tamen tiveron a sua etapa de rapaces.
As individuais como a que hoxe vos mostro, tentaban facer que o retratado estivera rodeado de cultura, mapas, libros, diccionarios, as veces biblias, e todos os obxetos precisos pra facer do rapaz unha "persoa de proveito".
Recompilar este tipo de fotografías,  permite obter moitisimos datos, da historia que eu chamo pequena; pequena, porque trata de detalles aparentemente sin importancia, pero que ben pensado, ilustran perfectamente o devenir da sociedade. Comparade senon unha fotografía dos rapaces de Loñoa (que anda polo blog), nos anos trinta, con algunha das dos colexios da cidade de comezos do século pasado, (tedes varias no blog), veredes que ainda que pareza extrano o vestuario non era tan diferente; loxicamente esto precisaria de algunha explicación, como o detalle de que no rural moitos rapaces, as mas das veces os mais necesitados, non ian a escola, por ter que axudar na casa; e moitas mais posibilidades, que nunha entrada seria complicado resumir.
A fotografía de hoxe que nos deixou a amiga Angeles Mojón, e dun neno (vouno deixar no "economato", perdón anonimato), que no curso 68 - 69, senon me trabuco, no colexio Sueiro con dona Pacita, tiña cara de bo rapaz, hoxe non sei que dicir....
Gracias José

3/6/11

Roteiro Alexandre Boveda

 Non imos descubrir hoxe a este intelectual  e politico Ourensán; o motivo da sua presenza no blog, e que esta noite, poderemos dar unha volta pola cidade percorrendo os espazos relacionados ca sua biografía na nosa cidade, facendo unha homaxe a este Home que deu a sua vida por Galicia .
Pra que non vos despistedes, xa que supoño que como a mín os teran chegado estes dous tripticos, o acto sera a noite de hoxe, (do venres o sabado), dende as doce da noite, atá mais ou menos as duas. O comezo sera na Plaza de Don Bosco preto do colexio dos Salesianos, e o remate diante da casa natal na rúa da Barreira.

Neste segundo triptico, non vos fixedes na fotografia que aparece do Goberno Civil, xa que por un erro puseron o edificio actual, cando penso que querian poñer o edificio da Deputación, onde naqueles anos estaban estes dous organismos.