Consejos y avisos

10/10/11

A Industria de Rogelio Fernandez


Nova entrega do amigo Fernando, a que unicamente tiven que añadir a imaxen que tedes arriba, de unha das fermosas chapas publicitarias que se facian nos anos 40.

A Industria de Rogelio Fernandez (texto de Fernando Valcarcel).

En 1920, Rogelio Fernández González chega a Ourense con 20 anos dende o seu Bande natal. Establece a súa industria de construccións metálicas e calefacción no número 9 de Cardeal Quevedo, e, en 1932 múdase ao número 10 da mesma rúa.
Nos anos 30, o negocio da cerraxería metálica e fundición, auguraba un futuro próspero. Existían 24 talleres en Ourense, entre os que destacaban xunto ao de D. Roxelio, o de Severino Fernández Varela, no número 5 da rúa Liberdade, o dos irmáns Fraga en Cardeal Quevedo 8, ou, o de Manuel Malingre Lamas, no Couto.
Na fábrica de Cardeal Quiroga pàsase da elaboración de cerramentos verxas, vigas e materiais metálicos para a construcción a outros máis complexos como motocarrís, reductores de engranaxe, estruturas para a extracción de pozos mineiros e máquinas de elevación como grúas, cabestrantes ou pontes-grúa. Para tal cometido, precisaban un local de maior superficie,e , por elo transládanse á Estrada da Lonia. O esquelete desta instalación onde tantas veces se instalaou o circo segue en pé ao lado da residencia universitaria “As Burgas”. Os ABC de 1954 e 55, engrandecen este lugar degradado, acreditando un pasado mellor.


Fotografía aparecida en varias publicacions, e folletos publicitarios, do interior da fabrica da Lonia

9/10/11

La Ilustración Gráfica en Galicia 1880 - 1936

O venres, tiven a fortuna de asistir a presentación dunha nova publicación, da profesora Dª Maria Victoria Carballo-Calero Ramos; para facer o traballo, contou ca colaboración do equipo de investigación AH2; Susana Cendán Caaveiro, Roberto Vazquez Rozas, Jorge Varela Barrio, Angel Dominguez Lopez, Mercedes Bangueses Vazquez, Marta Lopoz Lopez e  Jose Luis Martinez Orge.
O libro encuadrase dentro dun proxecto de investigación auspiciado polo Ministerio de Ciencia e Innovacion, (ano 2008), que se complementa ca Web Ilustración en Galicia que podedes visitar neste enlace clic aqui .
Na presentación contaron ca presencia de dous dos principais estudosos do tema a nivel nacional, como son Andres Trapiello, e Juan Manuel Bonet.
A publicación dalgun xeito ven continuar o traballo que a profesora comezou fai anos ca publicación de La ilustración en la Revista Nós (1983), ainda que nesta ocasión abarca a practica totalidade das publicacions feitas en Galicia ata o ano 36. Casualmente unha das publicacions recollidas no libro, e a Revista Céltiga,  da que tedes desde fai dous días o numero 1 de agasallo no blog.  
En definitiva un traballo moi ben feito, tanto a publicación como a Web, que se constituen como de consulta obligada pra profundizar no tema.

8/10/11

Aportaciones para la historia del Obispado de Ourense 7 (M.A. Gonzalez Garcia)

Don Miguel Ángel, continua aportandonos sus cuadernos, nunca exentos de interes.
En esta ocasión nos habla de la colaboración que la iglesia en este caso en la persona del Parroco don Antonio Borrajo, realizaba con las autoridades, en materia sanitaria.
Cualquier hecho relevante, durante los periodos de epidemias, era informado al Obispado, quien lo pondria en conocimiento de las autoridades sanitarias, para facilitar un mejor control de dichas epidemias.
en este caso, os aseguro que lei el texto con interes, por si algun pariente mio habia sucumbido durante el colera del 1855; de aquella zona son los antepasados paternos, y algun pariente aun me queda, que disfruta de aquellos parajes. Bueno por lo que cuenta don Antonio, mis parientes no fueron afectados.
Para descargar y leer el texto, haz  Clic aqui .

7/10/11

Periodistas

Redacción do diario "El Eco de Orense". e. a d. Enrique Cantón, José Adrio, Modesto Carbajal, Antonio Fuentes, Alfonso Carballo Rey, Julio Carballo Enriquez, Juan J. Reza, Antonio López. O fondo ainda que a calidade da copia non permite velo con claridade, pode verse o retrato do que foi seu director ata 1906, Valentin Lamas Carvajal. .
 Fotografía da Revista Vida Gallega, 1912

Se non xorde ningún inconveniente, hoxe estarei na capital de Galicia gozando a compañía do meu amigo Manuel Outeiriño, e duns futuros xornalistas.
O obxectivo da reunión, é falar da historia da fotografía no noso Ourense, ou con ese argumento polo menos invitóulleme. Creo non equivocarme ao pensar que eles, refírome aos futuros xornalistas, preferirán que no canto de relatarlles a lista dos fotógrafos Ourensáns, (para iso xa existía a lista dos Reis Godos, aínda que agora xa non se estuda), achéguelles un pouco a historia da fotografía e fálelles dos cambios que o tempo foi producindo neste relativamente nova arte. Na medida das miñas posibilidades, intentarei que sexa o máis ameno posible.
Buscando datos da relación entre fotografía e xornalismo, atopei esta fotografía publicada nun dos diarios máis importantes de Galicia, e posiblemente o primeiro dos galegos que intento espremer ao máximo as posibilidades que daba a fotografía ao xornalismo, falo de revísta Vida Galega fundada en 1909 por Jaime Sola, e que enlaza perfectamente co tema da reunión, dado que o seu primeiro director artístico, foi don José Gil, quen estades fartos da saber que foi un dos nosos mellores fotografos, agas do director e realizador da primeira pelicula galega Miss Ledyia.

6/10/11

Un pequeno agasallo

Colleume por sorpresa, a cantidade de amigos que me felicitaron este domingo, polo meu aniversario; naquel momento non puiden facer nada, xa que normalmente celébroo, coa familia, e algún amigo, e estaba todo previsto. Desde logo que non podo plantexarme invitarvos a todos, pero tampouco me gustaría quedar como un desagradecido.
Con esa idea, ocorréulleme, facervos a todos un agasallo, que espero que vos guste.

Na miña pequena biblioteca, teño algunha (pra min) xoiiña, que nalgún caso son se non imposibles, se moi difíciles de atopar, como moito algún dos exemplares pódese atopar en facsímil, ou nunha edición recompilatoria.
Un deles, é este exemplar da Revista Céltiga  Descargar o documento    que os membros das Irmandades dá fala puxeron en marcha en 1922. Trátase do número 1, e recolle a óbra Saudade escrita polo director da publicación Xaime Quintanilla.
Nesta colección que ao final se limitou, polo que eu sei, a trece* números, colaborou a inmensa maioría da intelectualidade galega da época. Castelao, Farruco Lamas, Risco, Irmáns Villar Ponte (eran xerentes da editorial), Losada Diéguez, Blanco Torres, Victoriano Taibo, Ramón Cabanillas, Eugenio Montes e un longo etc. de escritores, e artistas.

Outro día que me deades motivo para iso, poida que regálevos outro número desta mesma colección, trátase do que facia o número sete, e polo que teño entendido, foi a forma que o seu autor utilizou para dalo a coñecer por primeira vez.

A modo de exercicio, que fai moito que non vos poño traballo, a ver se sodes quen de dicirme, de que obra se trata?.

Respostas ao mail ourensenotempo@hotmail.com 

Espero que vos guste a obra. E de novo grazas a todos por acordarvos do meu aniversario, certo é que o feisbú facilítao, pero grazas igual.

* Casualidades da vida, hoxe pola maña, tiven a fortuna de asistir a presentación do libro La Ilustracción Gráfica en Galicia, 1880-1936, de Mª Victoria Carballo-Calero e Jorge Varela Barrio, no que falan precisamente entre outras moitas publicacions, desta de Céltiga, e afirman que os numeros publicados foron dezaseis. Dou por correcto o seu dato, co cal amargamente, terei que buscar tres numeros mais dos que eu pensaba, pra ter a colección completa. Que se lle vai facer.
Comentar tamén que algun envioume un mail, comentando que pra facer a descarga do libro e preciso rexistrarse en Scribd, feita a comprobacion, vexo que e certo. Debeu cambiar a politica de Scribd, sin me enterar. No tempo que atopo un sistema mais comodo, suxirovos que fagades o rexistro nesa paxina, non supon coste de ningun tipo, nin mais molestia que a de aportar un mail e unha contraseña de entrada.