Consejos y avisos

10/2/11

Ervedelo 1925 (José Samaniego)

Non e a primeira vez que aparece este edificio singular no blog, e non vai ser a última.
O ano 1925 o fotografo José Samaniego, supoño que por encargo do periodico La Región, fixo unha reportaxe fotografica do edificio que dona Angelita Varela, mandou facer no daquelas pouco habitado barrio do Couto.
Na fotografía non se aprecia, pero a rúa Ervedelo daquelas, era de terra, e lucia eses arbores que vedes na imaxen, pasear pola zona de seguro que era como facelo por un xardín. Os edificios que se ven eran os destinados a Igrexia, e Biblioteca; e como xa sabedes o lateral que hoxe ocupa a rúa Vila Real, antes era unha parte da finca que rodeaba o edificio. Fixadevos tamen, que ainda non estaba feito o peche de pedra que semella a entrada a un castelo, cas suas torres. 
Como xa vos dixen, non ando sobrado de tempo, polo cal somentes vos mostro esta imaxen, pero en breve mostrereivos algunha mais das do reportaxe, xunto cos datos da obra, e os motivos que impulsaron a Marquesa de Atalaya Bermeja a ordear esta construcción.

9/2/11

Toreros na cidade

Que eu saiba, o cal non e garantia de nada, non houbo ningun mestre no arte do toreo, que fora paisano noso; afeccionados podo asegurar que si houbo moitos, e como mostra eiqui tedes esta fermosisima fotografía do mestre José Pacheco.
Como reza na propia instantanea, retrata o "grupo de aficionados que tomaron parte en la novillada".
Voume arriscar a que poucos sean os que entendan esta entrada, pero, quero decirvos, que o Arquivo visual Ourensán, nun curto prazo de tempo, vai tentar que o numero de mestres ourensans no arte de cuchares aumente, de xeito considerable, eso sí, somentes no papel; que non queremos entrar en disputas sobre si festa si ou festa non; eso son temas doutros foros.
Da fotografía lamentablemente non podo aportar ningún dato, nin siquera onde se fixo, (ainda que penso que se trata da estacion de Canedo), nin cando, (poidera ser nos anos 20). Supusen que vos gustaria vela, a pesar de que non teña datos.
Estade atentos e mais ou menos en dous meses entenderedes esta entrada, mais exactamente o 31 de Marzo.

8/2/11

O Paseo

Como podedes comprobar no lateral do blog, esta entrada, fai o número 100, na sección de rúas.
Por iso e a modo de celebración, móstrovos esta fotografía, creo que pouco coñecida, da nosa rúa do Paseo.
Desde que se lle mercou a don Juan Igneson, a súa casa, e posteriormente o enxeñeiro Sr. Trompeta, deseño o trazado desta rúa, aos poucos foi gañando en importancia, ata converterse sen dúbidas, na rúa máis transitada da cidade.
Calquera forasteiro que visite a cidade, o máis posible, é que pasee polas súas beirarrúas nos tempos en que estaba aberta ao tráfico, e polo medio da rúa, desde que se converteu en peonil.
O paseo foi e en gran medida segue séndoo, (en dura e desigual competencia coas grandes superficies e centros comerciais), o mellor escaparate da cidade. Escaparate en todos os sentidos, non só o comercial, senón tamén no social; houbo un tempo, en que os mozos viraban unha e outra vez, rúa arriba rúa abaixo, en sentido contrario, para que o "azar" fixese que se visen en cada xiro, e puidesen educada e respetuosamente saudarse; as parellas xa estables, sentaban nas terrazas das cafeterías diseminadas ao longo da rúa, "El Moderno", "La Bilbaína", "La Ibense", "El Miño", etc., para saudar ás súas amizades, (e de paso comentar o modelito que levaban); os centros de diversión alí estaban establecidos, o Pinacho, O Salón Apolo, O Teatro Losada, O Auria, etc., todas as artes tiñan cabida nas súas beirarrúas.
Unha rúa moitas vivencias, iso é a rúa do Paseo en Ourense.

Se rebuscades no blog, poderedes atopar imaxes de varias épocas, pero iso si tede en conta que o nome sufriu variacións, e que non sempre se considero unha soa rúa; homenaxeo en diferentes épocas a dúas persoas ao mesmo tempo.

7/2/11

Casa de Baños "la Moderna"

Revisando os diarios doutra epoca, (cada un ten os seus vicios, e este e un dos meus); atopei no diario La Region, do ano 1925, este anuncio publicitario da casa de baños "La Moderna".
Xa en mais dunha ocasión se mencionou no blog, cando falei da casa de baños do Outeiro, e tamén o falar dos fielatos. O que non tiña feito ainda, era mostrar unha imaxen dela.
Teño no arquivo, algunha de mais calidade, pero neste caso aproveitarei que xa ten a explicación das suas caracteristicas, no propio anuncio.
Non sei como andara o tema da propiedade dos manantiais, que daquelas como se pode ver eran privados, o que si sei, e que por andar xogando con eles, a Burga tivo algún problemilla. (cas cousas de comer....)
Pra os novos e os despistados, lembrar que ainda non fai moito tempo, estaba ubicada no fondo da praza de abastos, onde hoxe esta un solar preparado, pra... Ainda non se sabe que.

6/2/11

Moncho Borrajo. Poeta

O de poñerlle apelido a Don Ramón, e porque calquera día aparecera polo blog, como pintor, ou como actor, ou pode que na sua faceta de comico.
Fai xa un par de meses, que tiña que ter feita esta entrada, pero deixeille o libro a un amigo, ou mellor dito colleumo na miña casa, eso sí, despois de preguntarme si xa o tiña lido; e ata esta semán ,non poiden escanear a portada, pra que o vexades. Non, non tedes problemas de visión, o xeito de por o titulo, chama a atención, (algún día se podo, preguntareille porque ten duas consoantes o dereito).
O libriño, e unha recompilación de poesias, nas que dun xeito natural, (como ten que ser), trata o tema do "amor". Do libro non quero nin debo opinar, a poesia pra mín e algo intimo, e cada un ten que lela libremente e sin recomendacions.
Sen embargo de don Ramón, ou millor dito de Moncho Borrajo, se que quero comentarvos un recordo de fai anos que teño asociado con él.
Non lembrades un ourensán que penso que lle chamabamos "popotito", ainda que non podo aseguralo; que deciaslle calquera palabra ou serie de palabras e il facia nun instante una fermosa poesia. Nos meus doce anos, os cadernos das miñas compañeiras estaban repletos destas sinxelas rimas. Pois cando eu descubrin a Moncho Borrajo, na pantalla da tv, foi facendo algo semellante, e dende aquelas sempre que o vexo, venme a cabeza.
Disfrutade co libro e aproveitade de cando en vez pra incluir un pouco de Poesia na vosa vida.