Consejos y avisos

14/1/11

Samaniego Fotografo*


 Esta foi unha das primeiras entradas da sección "Vixiantes do pasado" no blog. Non a busquedes, xa que o facer esta estouna sustituindo. Sabedes que non e habitual que no blog se eliminen  entradas, son mais proclive a correxilas, pero nesta ocasión tomeime esta libertade
O motivo?.... Pois certamente non e soamente, eliminar unha das moitas malas entradas que teño feito o largo destes xa mais de tres anos; senon que gustariame aproveitar pra dar as grazas a todos os que visitades o blog, e as veces enviadesme mails, pra facilitarme fotografías e información, na maioria dos casos de moito interese.
Froito desa axuda, os poucos puiden ir recompilando unha información ao redor da historia da fotografía na nosa cidade penso que caseque descoñecida para a maioria de nos.
Iluso como son, tentei compartir eses datos con todos vos, cunha serie de entradas, que ainda podedes ver no blog, baixo o titulo de Pequena Historia da fotografia en Ourense; o certo e que decateime, de que ese metodo, non era o mais axeitado pra divulgar eses datos. Por varios motivos: serian textos moi longos, as fotografías poucas, e o blog trata de moitos e variados temas, polo cal non quisen que un solo destacara sobre o resto.
Imos deixar por hoxe esta explicación, adiantandovos, que si non ocurre ningún inconvinte, en breve poderedes ver todos eses datos, grazas os socios do Arquivo visual ourensán (A.v.O).

Lembrade que esta e a primeira* entrada na que falo do mestre  Samaniego

José Samaniego
Naceu en Baza (Granada), o ano 1888, sendo moi noviño, supomos que veu pra Galicia, e presumiblemente a zona de Castrelo, onde pensamos que era a sua nai. 

Entorno o 1914, casou con Eduarda Conde Vigo (de Celanova), e  tempo despois (1921), temos constancia de que traballaba nun estudio, na rúa do Alba 13, (Actual Alejandro Outeiriño), estudio que abrira con anterioridade o mestre Pablo Garita.
Samaniego conseguiu facerse un oco na sociedade Ourensá, froito do seu bo facer, e  o seu espiritu, inquieto, que lle facia indagar noutros campos, así e como termina facendose cargo das exhibicions cinematograficas do Liceo, sustituindo o sr. Barbagelatta, e recibindo encargos da prensa nacional, pra cubrir os eventos que ocurrian na nosa cidade, (as imaxes que tedes na entrada, pertencen a revista Blanco y Negro, e son obra de José Samaniego). Tamén consta a sua dedicación á pintura, e a sua capacidade pra formar no arte fotografíco, a outros profesionais, como e o caso contrastado, de Leopoldo Iglesias Lopez.  
Os datos que temos actualmente confirman a sua presencia en Ourense, ata o ano 1925, se ben existen moitas dubidas, sobre se non se trasladaria un tempo cara A Coruña; o ultimo dato da sua presencia en Galicia, e o da marcha o día dous de Outubro do 1930, cara a Hollywood; pero esa e outra "Hestorea".
Outro día revisarei a segunda entrada que fixen deste mestre, pero non ten excesivos erros, podedela ver facendo clic Preme eiqui
Grazas de novo a Marilo Borrajo pola súa colaboración
E a David Paz Novoa, polos datos aportados, e correccions feitas os meus moitos erros.
*Entrada corregida de la publicada el 18-10-2008

13/1/11

Breve historia dos Maristas III

Levaba tempo pendente a continuación da breve historia dos maristas na cidade, e nestes días tiven tempo pra lembralo.
Eiqui tedes a terceira entrega; pra ver o capitulo anterior preme eiqui.
Pasadas as penalidades da gripe do 1918, o colexio retoma a sua actividade, de volta ao edificio de Vicente Perez, (hoxe Paseo). Son momentos felices pra o colexio, o numero de alumnos, vai en constante aumento, e as 9instalcions vanse quedando pequenas. A chegada do Bispo Cerviño no 1921 , (quen viña sustituir o Bispo Illundaín, debido o seu traslado a Sevilla), significou a concesión por parte do novo prelado, da utilización do edificio adxacente, o Circulo Catolico de Obreros, (hoxe no seu lugar esta o Banco de Santander, no blog tedes unha fotografia dese vello edificio preme eiqui, algún día que teña tempo, poreivos os datos relativos a estes dous edificios, que fun conseguindo nos últimos tempos; xa que existe certa confusión entre o que era o Circulo Catolico, o Refuxio do Sagrado Corazón, e o noviciado do Divino Maestro).
Deses anos temos novas tamen dos centros abertos nas vilas de Ribadavia e Carballiño, que contribuiron en gran medida, a aumentar o prestixio da comunidade Marista. 
Esa tranquilidade comezou a perigrar, no ano 1928; o bispado, propietario das instalacions, estaba necesitado de cuartos pra facer arranxos na Catedral, e unhas reformas, polo cal a curia presiona, pra conseguir que se cobre un alquiler os irmáns Maristas.
O convenio suscrito no seu día co Bispo Illundaín, non recollia esa posibilidade, xa que a unica obriga dos irmáns, era manter as clases gratuitas pra nenos necesitados, como así se facia. O litigio foise extendendo no tempo, ata que finalmente o ano 1932; os superiores da comunidade, deciden marchar da cidade; supomos que o ambiente politico do momento, tampouco favorecia a tranquilidade da comunidad, así que esa dolorosa decisión foi tomada.
Durante 22 anos, a cidade non contou ca presencia dos Irmáns Marista.
O ano 1954, un grupo de ex-alumnos, ca axuda do Colexio Maristas de Vigo e do irmán Vicente Lorenzo, conseguiron o retorno dos Irmáns. O proceso levou o seu tempo, e o principal escollo, era a falta de local; os promotores do regreso, estudiaron varias opcions, pero non era doado atopar un local axeitado.
Seguiremos no proximo capitulo ca busqueda do local, que o final foi o da avda. de Pontevedra.
Poñemos a continuación o nome da maioria dos exalumnos que colaboraron no retorno, a sabiendas, de que pode ser que falte algun.
Ricardo Martín Esperanza, Camilo Quelle, Manuel Diéguez Barreira, Ovidio Feijoo Feijoo, Luis-Ramón Blanco Merino, José Rodriguez de Dios, Eduardo Valencia, Rafael Chao Iglesias, Rafael Vázquez Rodríguez, Virgilio López Cid, Andrés, Cao Fernández.....  

12/1/11

Os Magos do 2011

Na entrada do luns, desexábavos que os reis magos, fosen xenerosos con todos vós. Despois quédeime pensando, e díxenme: ¡Xa verás como algún non tivo a mesma sorte que eu!
Por iso decidín compartir os meus, e se algún o necesita, non teño inconvinte en prestarllos, para que os goce o mesmo que eu.
Inclúo tamén a fotografía da xoiería Sierra no ano 1958, só a titulo ilustrativo, para que outro ano os meus fillos saiban onde acudir; estou seguro que o amigo Fernando atenderaos con exquisita amabilidade.
Non sei se vós gustáran, pero a mín asegúrovos que me encantan.
O reloxo marca Low Cost Time (LCT), valorado en 5 €urazos, adquirido posiblemente nunha das moitas tendas asiáticas das que gozamos na cidade, (tanto a valoración como o lugar de adquisición, son suposicións, non tiven o mal gusto de preguntar). É para min motivo de orgullo e satisfacción; fixarvos que conseguiron cumprir o meu desexo de ter un reloxo de ouro, facendo gala dunha gran habilidade para administrar os fondos existentes en Tesourería, (podendo así empregar o excedente, en cousas máis útiles, por ex. As copas da noite de fin de ano).
O máis sorprendente é que o magnífico reloxo, non deixou de funcionar desde o día seis, que as súas maxestades deixáronmo baixo a árbore.
Non esperedes verme con el no pulso; pero é que me dá medo perdelo, ou que algún desaprensivo róubemo.
O outro agasallo, que vos mostro no vídeo, de verdade que me ten emocionado. Non me digades que non é un pracer ter cerca algo ou alguén que che dea a razón en todo o que lle preguntes.
Seguro que algún mal pensado compárao con algún político, por iso de dicir que se a todo, e facer o que lle dá a gana ao final; pero prefiro que non mesturedes a miña felicidade por estes estupendos agasallos, coa política, que iso é outra cousa.
Se algún sente a necesidade de gozalos, que mo pida por mail, e preguntareille ao meu segundo agasallo. Se podo, ou non podo; como seguro que me contesta que se ás dúas cousas, esperaremos a que se decida.


11/1/11

Os Blanco Cicerón en Ourense


Nestes días aproveite para terminar un traballo sobre a fotografía en Ourense, e revisando documentación, deime conta, de que aínda non falara no blog, de Don Ricardo Blanco Cicerón Nuñez.
Os amantes da fotografía antiga, coñecen sobradamente a este ilustre personaxe, e incluso saben da súa familia, que son os responsables, de que non se perdera ningunha das xoias que don Ricardo foi rescatando o longo da sua vida. Desde logo non me atrevo a facervos unha biografía deste Tudense, a quen posiblemente coñecesen os meus antepasados (da rama Pontevedresa); con algún deles coinciden moitos datos, avogado de profesión, alcalde de Tuy etc. Limitareime a comentar a sua relación coa nosa cidade.
Grazas a persoas como Don Ricardo, podemos a día de hoxe, gozar de obxectos, imaxes e textos, que posiblemente estaban condenados á súa desaparición. É o caso dunhas pezas de bronce, que no seu día formaran parte dun retablo da nosa catedral, e que segundo nos contan Belén Sáenz-Chas Díaz e Fernando Acuña Castroviejo, (Catalogo da exposición "Olladas dunha época", Fotografías do Fondo Blanco Cicerón), foron recuperadas dunha quincallería.
Non é difícil supor unha relación polo menos profesional, se non, de amizade con Don Marcelo Macías, co que compartía a paixón pola numismática; os dous foron grandes coleccionistas, e expertos na materia. Podemos supor que esa relación, vísese favorecida en parte pola presenza do seu fillo Tomas Blanco Cicerón García na nosa cidade, onde segundo consta no padrón de 1924, residía coa súa muller, a súa cuñada e a súa filla Herminia.
A garantía de seriedade, que achegaba Don Marcelo, posiblemente fose tamén un dos alicientes, para que o selo empregado durante o século XV no Concello de Allariz, fóra entregado á custodia do noso Museo arqueolóxico.
O marxe destes valiosos obxectos doados por Don Ricardo á nosa cidade, forman parte da súa colección fotográfica, algunhas xoias, que posiblemente sexan das primeiras imaxes obtidas da nosa cidade; é o caso dunha imaxe datada en 1890, da nosa Ponte Vella.

Para ampliar información, podedes facer unha visita ao Museo do Pobo Galego, onde conservan a colección doada pola familia Castroviejo Blanco-Cicerón. Tamén vos recomendo a lectura do catalogo da exposición "Olladas dunha Época, publicado en 2009 pola Xunta de Galicia e o Museo do Pobo Galego, con textos dos citados anteriormente Belén Sáenz-Chas e Fernando Acuña; e os de María Reis Camiña Castro.

10/1/11

O Progreso


Comeza un novo ano para o blog, e xa van catro.
Espero que os Reis foran xenerosos con todos vós, e así polo menos achades tido unha alegría entre tantas noticias nefastas e desagradables, que nos brinda a actualidade.
Para comezar o ano, e aproveitando o nome da principal arteria da cidade, gustaríame expresar o meu desexo, de que este ano, sexa o do Progreso.
Progreso que nos permita saír da situación na que actualmente nos atopamos; e non me refiro unicamente á mala situación económica, senón a todos os aspectos (educación, valores etc.), que nos últimos anos foron decaindo, e en gran xeito tamén inflúen en que nos resulte complicado saír desta, tan mala situación.
Pero imos deixar ese tema; non é obxectivo deste blog, tratar temas de actualidade, senón recordar temas do pasado, que se cadra son útiles, para evitar erros no futuro.
A fotografía de hoxe mostra "a Estrada". Proxectada en 1803, para unir Vigo e Villacastín; nos primeiros anos de existencia, era un polvoriento camiño de terra, embarrado durante case que todo o inverno chuvioso da cidade, a pesar diso, aos poucos foise convertendo no centro neurálxico da cidade; nos seus comezos, o Seminario, e o Hospital de San Roque, centraban a atención dos cidadáns, comezaron a xurdir cafés, e fondas que desen servizo aos novos estudantes do seminario, e aos familiares dos enfermos do San Roque, ao mesmo tempo, ía converténdose no feudo da pequena industria local, fabricas de madeira, e mobles, almacéns de materiais de construción, destilerías, etc.
Posteriormente os comerciantes na súa maioría foráneos, comezaron a ver nela a mellor localización para os seus negocios, e con eles os profesionais liberais. Posiblemente a localización do Banco de España, na rúa, contribuíse a esa nova situación, o almacén de Simeón, o caserón dos Pérez Bobo, que xamais chegou a utilizarse para a súa función primigenia, (fabrica de curtidos), e polo que pasaron case todos os organismos públicos, incluído durante un curto período, o Concello e a aparición da fonda dos Cuanda, posteriormente Hotel Roma, foi o toque definitivo, para convertela nunha rúa de categoría para unha cidade que quería comezar a "Progresar".

A imaxe do mestre asentado na Coruña Pedro Ferrer mostra A Estrada das últimas décadas do século XIX, na parte dereita, adivíñase a Fonda dos Cuanda, o almacén de madeira dos Sánchez, a Casa Álvarez coa súa inconfundible galería e tellado a dúas augas, o Banco de España, e a que supomos o numero 73, onde Don José Gil comezou no mundo da fotografía; pola esquerda e como datos máis significativos, fixarvos que aínda non está construído o centro cultural da Deputación (Edificio Simeón, co cal a fotografía debe ser anterior ao 1887), e parece distinguirse a falta de fiestras no edificio Espada, o cal fai pensar en que estaba en plena construción.