Consejos y avisos

5/2/10

Entroido Ourensán

Estamos a piques de entrar de cheo no entroido, na provincia levan xa uns días, nalgún caso semanas cos prolegómenos, pero na cidade, como é habitual teremos un entroido mais enxebre, mais individual, menos organizado, pero desde sempre moi divertido.
A imaxe de hoxe, que forma parte do grupo que nos cedeu Don Pablo González, (do mesmo xeito que a de onte), é unha boa mostra desa personalidade do Entroido Ourensán.
"O Ceferino, baixou coa súa dona á feira; tíñalle prometido que polo seu aniversario, invitaríaa a un prato de polbo, de paso que vendían os grelos, e el, home de palabra, quixo cumprir; sabemos que ao final o conseguiu, pero non foi na feira onde se produciu o "condumio", un fallo do "schofer", fixo que terminasen saciando o seu apetito na rúa da gloria, (Arcediagos), na imaxe podedes ver a don Ceferino conducindo o seu vehículo pola rúa de Santo Domingo, rematado o convite".
Ide rematando os disfraces, que xa non queda nadiña; e si algun vai sair de Ceferino, que avise que eu vou de fotografo, e sacolle a instantanea.
Ocultei os rostros de todolos persoaxes, menos un, supoño que non me vai protestar, a sua fermosura e digna de ser mostrada sen retoques.

4/2/10

A feira nos Salesianos

O amigo Lisardo Mazaira, é desde logo un dos mellores colaboradores deste blog, xa non pola inxente cantidade de material propio que me facilitou, senón polas molestias que se toma, buscando as fotografías que teñen o seu círculo de amizades. Nos últimos días, o seu amigo Pablo González, prestoulle un bo número de imaxes, realmente interesantes.
A de hoxe por exemplo, coincidiredes comigo, en que aparte do valor testemuñal, ten gran interese como representación dunha escena costumista, non tan afastada no tempo, pero xa pouco recordada.
Os costumes dos cidadáns con respecto á feira, variaron debido a varios factores, o principal é que Ourense xa non é aquela capital de provincia dunha zona agrícola gandeira, que exercía de polo de atracción para todos os traballadores do campo.
Dende as primeiras feiras que se instalaban nos entorno da Praza Maior, pasando poucos anos despois á Magdalena, ata a localización actual; os postos da feira utilizaron outros dous espazos públicos o parque de San Lázaro, e este que vos mostro, á beira do Pavillón Deportivo, que é á marxe do actual, o máis recordado.
Aínda non fai moito lía un artigo no que un Ourensán facia memoria das súas adquisicions de chucherías e demais artigos necesarios na súa infancia, cando se atopaba de fronte á saída de Salesianos, con todo aquel bosque de postos.
Por poñer unha datación, a imaxe poderia ser do fin dos anos sesenta, ou comezos dos setenta.

3/2/10

Don Alvaro de las Casas

Volve visitar o blogue don Alvaro de las Casas, e a falta dunha fotografía, mostrovos unha caricatura, feita por don Pastor Fabrega Santamarina, no ano 1936.
Don Alvaro nesta ocasion, vaime perdoar pero realmente, estouno utilizando como escusa, pra presentarvos os traballos de caricaturista de Don Pastor, (xa apareceu nalgunha ocasión na sua faceta de fotografo, e si non lembro mal, xa vos prometín mostrarvos mais instantaneas feitas por el).
Don Pastor home polifacetico, durante unha etapa da sua vida, deciu inmortalizar o seu grupo de amigos, e verdaderamente fixoó dun xeito moi conseguido, caricaturizar sen excederse, non e tan doado como semella, e Don Pastor contou sempre ca aprobación dos seus caricaturizados, tanto e así, que según conta a sua familia, moitas destas obras andan desperdigadas pola cidade, nas casas dos sucesores dos retrados, xa que no seu día foron "requisadas", non pra agochalas, senon pra enmarcalas, e expolas nos domicilios ou despachos particulares.
En proximas entradas ensinareivos os poucos mais destes traballos de Don Pastor, e si algun dos propietarios dalgunha das que estan en mans particulares, quere facilitar unha copia, de seguro que o fillo do artista, e moita mais xente, estariamoslle agradecidos.
Xa que aproveitei o bo nome de Don Alvaro de las Casas, na entrada, facilitovos o enderezo da web da asociación que leva o seu nome. Visitadea, e de seguro que teredes unha visión mais exacta do perfil e obra deste gran escritor Ourensano.

2/2/10

Relojeria Alper

O dito "unha imaxen vale mais que mil palabras", penso que non ten discusión.
Falando en varias ocasions desta parte da Corredoria, perdón, rua de Santo Domingo, xurdiu sempre un punto de discrepancia, sinxelo de resolver, pero que ca imaxen queda totalmente aclarado.
Decianme algúns amigos, que a xoieria "Eligio", era no primeiro edificio, despois do que foi moitos anos pasadizo do edificio Viacambre. Penso que se pode ver perfectamente, que nese edificio habia una reloxeria, que poderia confundirse por eso, pero era a de nome ALPER; a de Don Eligio ainda hoxe activa, (noutra ubicación cercana), estaba no seguinte edificio, e mostrareivola proximamente.
Na fotografía feita no seu día por Reza, pra o Arquivo Historico, vemos o marxe da reloxeria, o baixo do lado, onde unha señorinha, tiña unha tenda de comestibles das que solucionaban moitos problemas os conveciños, xa que solia ter aberto fora das horas habituaís, (non era a unica na rúa), e o seu caron, o paso que se deixou pra acceder o edificio Viacambre, hoxe rematado totalmente, e reconvertido en galerias comerciais.
O da datación, por moito que algún se asombre, podemos falar dos setenta, o mesmo que finais ds oitenta, que pra disgusto de algúns, os anos non pasan, voan. (esto vai a conto, de que son moitos os que recordan esas tendas abertas, pero xa vai pra trinta anos que pechou alguna)

1/2/10

Os Graxos da Burga

Fai uns días, ensíneivos as casas que había na baixada das Burgas, e a miña cabeza púxose a esbarrar, cas lembranzas de "onte", (mais ou menos 35 anos atrás).
O caso é que como non me gusta facer entradas moi extensas, termínea, pero continuou o tema dando voltas na miña "testa". Nesas andaba, cando un cruzamento de ideas, trouxo ao meu pensamento, unha frase de Don Valentín Lamas Carvajal:
“Quedounos tamén os fillos de Ourense, que dito sexa sin anémo de gabarnos,
nin facemos como facían, nin pensamos como pensaban,
a condanada sona de graxos da Burga,
pola que somos lembrados e conecidos nas vilas e aldeas da nosa terriña,
sin xusticia e sin razón para elo, como se ve polo que deixo dito.”
Ao lembralas, díxenme: "eu fun un graxo dás burgas"; como dicía Don Valentín, nin fago como facían, nin penso como pensaban.
Tería ao redor de 13 ou 14 anos, o meu territorio, era a zona das Burgas, e unha tempada (creo recordar que todo un verán), tivemos o noso punto de referencia, e ata unha especie de cabana, "no punto medio dá Burga de Arriba e dá Burga de Abaixo", o meu "Casino", era na parte alta das escaleiras de "Calpurnia Abana", e os meus camaradas, non eran o "Mouron", "Pachete", "Portela", "Redes", "Carruxo", "Oso", nin o "Cancheiro", aínda que tamén tiñamos alcumes, que non procede recordar, eran Camilo, Manolo, Emilio, Afonso, Antonio, Aser, Juan, e algúns mais (que nós tampouco esixiamos patente, nin cota, nin certificado de boa conduta).
O caso é que sen sabelo, dalgún xeito estabamos revivindo unha historia que viña xa do ano 1834, no noso caso, tiñamos a fortuna de dispor de vestimenta para todos os do grupo, polo cal non tiñamos que cambiar a "muda", recordardes que os graxos, só tiñan tres mudas para compartir entre os sete, nin tiñamos que coller prestada comida, para non pasar fame; os nosos esforzos destinábanse a buscar novos sistemas de diversión, e realmente atopabámolos, algún día falareivos dos arcos de frechas, cos que conseguiamos lanzamentos de case 100 metros, ou as pistolas de pinzas, coas que conseguiamos ata acertar na diana, ou das carrilanas coas que maltratabamos os nosos tenros corpos, ( imaxinarvos tirarse por la rúa desengano, sen casco nin mais protección que a dun pantalón curto e unha camiseta, nunha táboa con catro rodamientos de bólas) , ou dos pin ball de gomas e cravos, etc.
Outro día seguirei.