Consejos y avisos

21/3/25

Capitán Bombilla

 Emilio fotografiado por Elisardo Seabra

"Capitán Bombilla"

Emilio o do Toxo???

Eu non o coñecín, pero os meus amigos téñenme falado en moitas ocasións del. O meu problema é que, como sabedes, os recordos tenden a mesturarse coa ficción e despois... Por iso tardou tanto tempo en aparecer este entrañable personaxe entre os meus artigos. Pido desculpas se cometo algún erro.

 O seu nome real era Emilio…, e segundo din un desengano amoroso tivo a culpa de que unha parte da súa vida fose un pouco estrafalaria, dende logo non era bobo, se seica demasiado bó, os amigos da Ponte, recordan que en infinidade de ocasións deixábase caer polo barrio, e aínda que algún se ría del, a maioría rían co el, pero tamén é certo que friamente, pensado, el ríase con todos, porque ao final da visita habitualmente estaba ben comido, "ben" bebido, e con cincocentas pesetillas, pra ir onde á Elia ou a Socorro na rúa do Vilar, a esquecer os seus males.

A cousa do Capitán viña principalmente da súa fermosa gorra militar decorada un tempo cunha lámpada, e parte da súa vestimenta, aínda que a verdade, estaba tan gastada que era difícil recoñecer a súa cor e forma... O que ninguén podía negar era que o seu traxe estaba cheo de medallas, entre as manchas que se acumulaban na guerrera e os pantalóns, os obxectos que lle parecían chamativos e colgaba de ombros e peito (as veces, chapas de madeira que pintaba de branco o marelo e ata tapas de latas de conserva), e varias cintas que el chamaba “chorreteras”, o “chorreras” (en argot militar Charreteras), ou pra entendernos mellor “ombreiras”, por ultimo, sempre que podía remataba o seu outfitt cunha flor que levaba na boca, aínda que cando perdía as follas el continuaba a chupar o tallo. Resumindo un auténtico cromo.

 Non conseguín que os meus informantes se poñan de acordo nunha cuestión crucial, que non é outra que certificar que o capitán Bombilla é o mesmo personaxe que moitos coñeceron como Emilio o do Toxo, teño moitas dúbidas, sobre todo ao comparar as fotografías que conseguín, dúas delas son sen dúbida do capitán Bombilla, pero a outra aínda que din que é Emilio o do Toxo, pode ter certo parecido, pero non o vexo ... e xa non pola falta da gorra e uniforme, iso pode ser que xa non dera pra mais. O que me leva a pensar en dúas persoas distintas e o falla do sorriso. Porén, é certo que puideron ser de dúas etapas da súa vida, pero non me atrevo a dicir.

Contan que Emilio, en verdade era militar e mesmo falan de graduación de suboficial. Fixera a guerra en África e que estando alí a que era a súa noiva, abandonouno, ese parece ser que foi o detonante dos seus desvaríos. Aínda que o da guerra tamén é posible que axudase…

A súa “tolemia”, eran de todo tipo, aínda que o máis frecuente era o de recoñecerse xefe dunha tropa militar, con armas marítimas, terrestres e aéreas que ás súas ordes podería conquistar o mundo. Outras veces presentábase como o mismísimo presidente Truman, sendo el, quen conseguiu rematar a guerra ao ordenar o ataque nuclear a Xapón…

Esta claro que ese modelo de “todo poderoso” segue existindo na actualidade… e que en vez de chamarlles Tolos, hoxe, chámanlle Presidentes.

 A vida de Emilio transcorría de maneira metódica, o principal cambio era o que obrigaba o tempo. No inverno buscaba a calor dos fornos do pan, segundo estivese no Puente, onde gustaba de durmir no do Camilo, ou no do Chaparro cando andaba polo centro, no verán con todo non tiña problema en durmir “sentado” en calquera portal. Tiña fama de educado, saudando a todo o que se cruzaba con el, e cedendo o paso cando era preciso, pero o trazo que mais definíao, era a súa afinidade cos nenos, aos que lonxe de asustar polo seu aspecto, atraíaos, co seu sorriso, non sendo difícil velo intercambiar confidencias con algún pequeno, “nenos e tolos, todo sinceridade”.

 Contaba don Ricardo Outeiriño, que en festas e dias sinalados nos que se esperaba visita de “xente de fóra”, adoitaban recluílo na “perrera”, por aquilo de dar boa imaxe, el levábao dignamente e mesmo aproveitaba para comer de prato e culler, pero no fondo doíalle, e cando algún neno preguntáballe que tal o había pasado eses días de peche el respondía: “A liberdade a ama Dios”. Canto cordos querrian a lucidez deste tolo…..?????

Capitán nos seus anos mozos. fotografía propiedad de Javier Torres

Non conseguín datos do seu final, pero polas fotos penso que xa foi ben maior, aínda que en algún sentido el seguía sendo un neno, que lembraba con frecuencia a súa Nai. Noutra das conversas co Outeriño, confesoulle que nas estancias na perrera, “via a súa nai saíndo da casa pra ir visitalo, e con dolor el enviáballe un espírito que lle dicía “Nai non veñas que vas chorar moito”.

As veces dubido ¿quenes son os tolos????

No hay comentarios: